Concerto de Jorge Pardo Trío en Vigo

sáb12abr20:00Concerto de Jorge Pardo Trío en Vigocon Bandolero & Melón Jiménez20:00 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

O venres 12 de abril, o Teatro Cine Salesianos acolle a actuación do trío liderado por Jorge Pardo, un español vencedor dun Grammy estadounidense en 2020, cunha carreira de máis de 50 anos, consagrado a nivel mundial como flautista e saxofonista, compañeiro de xiras ou de albumes con Paco de Lucia, Astrud Gilberto, Camarón de la Isla ou Chick Corea.

Un músico esencial na creación e desenvolvemento do flamenco jazz ou flamenco fusión neste marabilloso concerto onde gozaremos das achegas que deu e tamén recibido deses e doutros grandes compañeiros de viaxe musical nas súas propias composicións, estará acompañado de Melón Jiménez á guitarra e José Manuel Ruiz Motos “Bandolero”, percusión.



Os desencontros entre flamenco e jazz prolongáronse no tempo. Só ao final dos anos cincuenta ambos estilos irmanáronse de xeirounidireccional, unha aventura liderada por Miles Davis e Gil Evans con ‘Sketches of Spain’. Pedro Iturralde e Paco de Lucía abriron novos horizontes en 1967, aínda que houbo que agardar aos anos oitenta para que Jorge Pardo, tocando indistintamente o saxo e a frauta, fundise con naturalidade ambas as linguaxes.

Foi membro fundador do grupo Dolores nos anos 70 e colaborou durante máis de 40 anos con Paco de Lucía, participando en numerosas gravacións e xiras mundiais. Tamén formou parte do emblemático álbum de Camáron de la Isla, ‘La leyenda del tiempo’.



Pardo traballou con importantes orquestras e agrupacións, actuando en festivais e salas de concerto dos cinco continentes. En 2013, foi galardoado en París co Premio ao Mellor Músico Europeo de Jazz pola Academia Francesa de Jazz.

En 2015, recibiu o Premio Nacional das Músicas Actuais e en 2020, un Grammy ao Mellor Álbum de Jazz con ‘The Spanish Heart Band’ de Chick Corea, ademais do Premio MIN ao mellor álbum de jazz por ‘Brooklyn Sessions’.

En 2021, presentou o seu documental ‘Trance’ no Festival de Cinema de Málaga. En 2023, lanzou o álbum ‘Mi Sonido, Mi Metal’ e continúa realizando xiras internacionais.

Entradas anticipadas á venda dende 25 euros en giglon.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!