Enterro da Lamprea 2024 | Concello de Salvaterra de Miño

Enterro da Lamprea 2025 en Salvaterra

sáb15mar16:30Enterro da Lamprea 2025 en SalvaterraConcello de Salvaterra de Miño16:30 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Enterro da Lamprea de Salvaterra de Miño, que este ano tivo que se aplazado por mor da choiva, celebrarase o sábado 15 de marzo ás 16:30 horas, con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas da vila ata chegar á Praza do Concello.

No desfile non faltará a comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” que porán a cor fúnebre da tarde. Lembramos a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea e haberá un chocolate quente para todos e todas.

Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.



A programación de Entroido complétase co desfile de disfraces dos centros educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ao Parque A Canuda o venres 28 de febreiro.

E non pode faltar a tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 4 de marzo ás 17:30 horas con música, diversión e chocolate e rosca.


Hora

(Sábado) 16:30

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!