This is a repeating event

Festas de San Xoán de Poio 2026

ven26xuñConsultarFestas de San Xoán de Poio 2026Do luns 22 ao sábado 27 de xuño de 2026(Consultar: venres) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

Do luns 22 ao sábado 27 de xuño, Poio celebra ás súas festas patronais de San Xoán, unha festividade na que os actos litúrxicos mesturaranse con programación cultural, propostas para toda a familia e as actuacións dalgunhas das mellores orquestras galegas para amenizar as veladas nocturnas.

A programación arrancará o luns 22 de xuño a partir das 21.00 horas coa lectura do pregón a cargo de Juan Mariño, director da Escola de Música de Campelo-Poio, unha figura estreitamente vinculada á vida cultural do municipio e ao mantemento das tradicións locais. A xornada inaugural incluirá tamén a entrega dos Premios ao Deporte San Xoán-Pepe Otero, a actuación de Máis Cantos e rematará coa tradicional verbena do Campillo, protagonizada polo grupo local Azabache.

A música volverá ser unha das grandes protagonistas das festas cun cartel de primeiro nivel no que figuran algunhas das formacións máis recoñecidas do panorama festivo galego e estatal.

No escenario da Seca actuarán Os Satélites (martes 23), Ritmo Xove e Charleston (mércores 24), Marbella e Panorama (xoves 25) e Capitol e Kubo (venres 26), ofrecendo propostas musicais variadas e espectáculos pensados para públicos de todas as idades e consolidando o San Xoán de Poio como unha das grandes citas festivas do inicio do verán en Galicia.

Con todo, un dos momentos centrais da programación chegará o martes 23 de xuño coa tradicional sardiñada e a gran fogueira de San Xoán, unha das citas máis agardadas tanto pola veciñanza como polas persoas visitantes.

Nesta edición, o Concello reforzará a celebración da noite de San Xoán ampliando o número de sardiñas repartidas e incorporando como novidade o espectáculo de lume “Fogo Fatuo”, da compañía Asacocirco, antes do tradicional prendido da fogueira na Seca. Unha proposta que contribuirá a realzar o carácter simbólico e festivo dunha noite marcada pola tradición.

A programación reserva tamén un espazo destacado para as tradicións e para as agrupacións locais. Entre as actividades previstas figura a tradicional recollida de herbas de San Xoán coas pandereteiras do Ronsel, ademais das actuacións de Vides Novas, Máis Cantos, a Escola de Música Tradicional de Poio, a Coral de Poio, o Coro Virxe da Renda, a Escola de Música de Poio e a Escola de Acordeóns de Campelo.

A maiores, durante todo o mes de xuño a artista local Sara Ramos expón no Casal de Ferreirós a mostra “Mitoxénese”, un percorrido polas súas ilustracións desde o ano 2023 ata a actualidade.

O Goberno municipal agradeceu a implicación de todas as asociacións e agrupacións que colaboran nas festas, contribuíndo a manter viva a cultura popular.

As festas rematarán o venres 27 de xuño cunha gran festa infantil con escuma e animación musical, unha proposta que, segundo destacou o alcalde, xa se converteu nun clásico da programación e que permitirá aos máis pequenos ser os protagonistas do peche das celebracións.

O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nunha programación pensada para compartir, convivir e celebrar unha das tradicións máis arraigadas de Poio, convertendo unha vez máis o San Xoán nun punto de encontro para todas as xeracións.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!