This is a repeating event

Festival Revenidas 2023 en Vilaxoán

xov07setConsultarFestival Revenidas 2023 en Vilaxoán7, 8, 9 e 10 de setembro de 2023(Consultar: xoves) Vilaxoán de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Revenidas comezará o xoves 7 de setembro coa presenza de dous dos grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana como son Panteón Rococó e Ana Tijoux, con Desakato (que ofrecerán en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro), a combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonmidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia e A Duendeneta.

A segunda xornada do festival, a do venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.

O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, La Élite Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos e A Duendeneta.

A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.

O Revenidas dará a coñecer en vindeiras datas os contidos e os protagonistas das actividades paralelas, entre as que figuran os concertos a bordo, a gala de circo, o roteiro comentado e os showcokings.

Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre.

Entradas e abonos á venda en revenidas.com



FESTIVAL REVENIDAS

O festival Revenidas naceu a partir dunha festa popular que se celebraba na vila mariñeira de Vilaxoán, na que os veciños compartían e degustaban un dos froitos máis cobizados do seu traballo: as sardiñas asadas, que neste lugar chámanse, precisamente, revenidas. De aí toma o nome o festival.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Vilaxoán de Arousa

Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa

Está pasando!