'Oficios e saberes: Labregas, segadoras e muiñeiros' en Pontevedra

sáb30nov11:30sáb13:00'Oficios e saberes: Labregas, segadoras e muiñeiros' en Pontevedraapego no outono 202411:30 - 13:00 Centro Social Gorgullón - Pontevedra

Detalles do Evento

O mundo dos oficios tradicionais galegos e o artesanado será o fío condutor dunha serie de actividades guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine. No marco do programa Apego, ‘Un pobo de oficios e saberes’ desenvolverase ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do Concello de Pontevedra.

Desta volta, aprenderemos sobre os oficios relacionados co campo a través dunha charla do antropólogo Rafael Quintía, unha sesión de contacontos a cargo de Enrique Mauricio e un obradoiro de debuxo guiado por Carlos Taboada.

Para rematar a xornada, a artesá Pilar Silva compartirá con nós os seus saberes e axudaranos a levar á práctica as técnicas traballadas durante a sesión. A actividade conta co acompañamento musical de Marcelo Dobode.

As xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, a través dos oficios e saberes populares.

Esta actividade celebrarase o sábado 30 de novembro, de 11.30 a 13.00 horas no Centro Social do Gorgullón. O acceso é de balde, mais require inscrición previa apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Hora

(Sábado) 11:30 - 13:00

Localización

Centro Social Gorgullón

Curtidoira, 1 baixo - 36003 Pontevedra

Está pasando!