Proxección de 'A verdade' en Pontevedra

mar09abr19:00Proxección de 'A verdade' en PontevedraCICLO CINE 'MULLERES' 202419:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Sede Afundación de Pontevedra acolle o martes 9 de abril, a proxección do filme ‘A verdade’ (La Verité), de Hirokazu Koreeda, dentro do ciclo de cine ‘Mulleres’.

Fabienne é unha das grandes estrelas do cinema francés, unha actriz que reina entre os homes, que a aman e a admiran, mais na súa vida persoal sofre grandes conflitos con Lumir, a súa filla. Lumir viaxa co seu marido e a súa filla a París cando xusto se publican as memorias da súa nai. O encontro non tardará en volverse enfrontamento, e aí sairán todas as verdades, axustaranse contas, falarase de amor e de resentimento.

O ciclo de cine ‘Mulleres’ chega ás sedes Afundación de Pontevedra e Vigo cunha escolma de tres filmes protagonizados por mulleres que proxectan as súas ideas, sensacións e as súas problemáticas particulares para xerar un espazo onde observar distintas posturas, recursos, necesidades e discursos en clave de xénero. Elas son a parte relatora e activa destes tres traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.

Reserva as túas entradas de balde en Ataquilla.com e colabora co programa solidario ‘Cultura por Alimentos’, unha iniciativa de Afundación en favor da Federación Española de Bancos de Alimentos Locais (FESBAL). Poderás acceder ás proxeccións achegando unha doazón de alimentos non perecedoiros, como conservas, leite, aceite de xirasol ou alimentos infantís, que irán destinados ao Banco de Alimentos local.

A butaca reservarase ata 10 min antes do comezo da proxección.

Hora

(Martes) 19:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!