Proxección de ‘Crónica dun amor efémero’ en Pontevedra

mar11mar20:30Proxección de ‘Crónica dun amor efémero’ en PontevedraCineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 11 de marzo, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, proxectarase o filme ‘Crónica dun amor efémero’ (‘Chronique d’une liaison passagère’, Emmanuel Mouret, 2022, Francia, 100 min., VOSE, Lingua orixinal: francés), nunha nova sesión organizada polo Cineclube Pontevedra.

Non recomendada para menores de 12 anos.

Unha nai solteira e un home casado convértense en amantes. Comprometéronse a vivir só unha aventura clandestina con data de caducidade e a non ter ningunha esperanza no amor, conscientes de que a súa é unha relación sen futuro.

Manteñen os seus sentimentos a raia con exquisita educación e filosofan sobre a súa teórica ausencia de implicación emocional. Mais, con todo, sorpréndense polo seu entendemento, a súa alquimia e o pracer de estaren xuntos.



Cineclube Pontevedra exhibirá no mes de marzo a primeira longametraxe de ficción da cineasta india Payal Kapadia, ‘A luz que imaxinamos’ (2024), gañadora do Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes de 2024 e calificada polo ICAA como especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.

A programación inclúe tamén outra estrea recente, ‘La Marsellesa de los borrachos’ (2024), ópera prima do madrileño Pablo Gil Rituerto, que segue as pegadas do grupo italiano Cantacronache na súa viaxe por España do ano 1961 á procura das cancións populares da resistencia antifranquista.

programación dos martes complétase coa comedia amorosa ‘Crónica dun amor efémero’ (2022), do cineasta francés Emmanuel Mouret.

Pola súa banda, as sesións dos luns, programadas en colaboración coa Filmoteca de Galicia, dedicaránselle aos inicios da cineasta francesa Agnès Varda, precursora da nouvelle vague, de quen se poderá ver a súa primeira longametraxe, ‘La Pointe Courte’ (1955) e mais unha sesión de tres curtametraxes.

Todas as sesións terán lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias: 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos.

As persoas que desexen asociarse poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!