‘Rosalía, a pulga que escribía’ | Galitoon

‘Rosalía, a pulga que escribía’ no Grove

dom09feb18:00‘Rosalía, a pulga que escribía’ no GroveRede Galega de Teatros e Auditorios18:00 Auditorio Municipal de O Grove - O Grove

Detalles do Evento

O Auditorio do Grove ofrecerá durante o primeiro semestre do 2025 da Rede Galega de Teatros e Auditorios dous espectáculos de gran calidade, o primeiro para público familiar e rapazada e outro dirixido a público xuvenil e adulto.

A cita do domingo 9 de febreiro ás 18.00 horas será con ‘Rosalía, a pulga que escribía’, un espectáculo da compañía Galitoon dirixido a público infantil e familiar, a partir de 2 anos.

Espectáculo orixinal do que nace a serie de animación “TUTU”, de Ficción producións, e que actualmente se emite por televisión na Canle Internacional CLAN TV. Galitoon continúa así coa súa constante experimentación: nesta peza cambiade estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación “co teatro de xoguetes”, sen esquecer o seu selo propio.



Esta é a historia dunha pulga moi pequena chamada Rosalía. Todos os días escribe unha carta, métea nun sobre e lla entrega ao carteiro motorizado, Bruno, o Canguro. Cada carta ten un destinatario peculiar: unha toupa que non ve, unha ovella que non sabe ler, unha xirafa que perdeu as súas lentes e un elefante que só fala inglés.

A mensaxe das cartas é igual para todos: “Na próxima lúa chea, festa na casa de Rosalía”. A lúa chea aproxímase e todos van recibindo a súa invitación. Todos menos Bruno. Por que?

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 7 de febreiro ou no propio Auditorio do Grove o domingo 9 de febreiro, de 17.00 a 18.00 horas.


‘Iribarne’ | @ Geraldine Leloutre

O sábado 5 de abril ás 19.00 horas, Butacazero porá en escena ‘Iribarne’. A obra escrita por Esther F. Carrodeaguas e dirixida por Xavier Castiñeira, revisa a figura de Manuel Fraga en clave de humor.

Naceu como un proxecto de investigación escénica ao redor da vida e do percorrido político de Manuel Fraga Iribarne coa intención de entender non só a súa figura, se non descubriras implicacións que tivo -e segue tendo no noso presente- un dos nomes máis controvertidos e populares da nosa historia recente.



“Non é exactamente un biopic, pois non cabería nunha soa obra”, advirten Carrodeguas e Castiñeira, pero se que é un “paseo pola Transición camiñando xunto a un personaxe secundario, pero absolutamente imprescindible, da mesma.

‘Iribarne’ é un intento irreverente por comprender como chegamos ata aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón”, apuntan os creadores.

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 4 de abril ou no propio Auditorio do Grove o sábado 5 de abril, de 18.00 a 19.00 horas.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de O Grove

Pasaxe Monte da Vila, 15, 36989 O Grove

Está pasando!