Ruta 'Massó, o sentir dun pobo'

sáb15mar10:30Ruta 'Massó, o sentir dun pobo'inverno en ruta 202510:30 Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Unha vez máis a Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos propón unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das rutas guiadas no Morrazo para o inverno de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Para Cangas deseñamos un programa moi completo que constará de seis rutas, entre as que se estrará “As esculturas de Cangas“, unha ruta na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das rúas canguesas e que se empregarán como fío condutor para coñecer a historia do pobo.

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces:



Coma sempre, estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, os/as guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da asociación que empregarán para a realización doutros proxectos.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo para a reserva e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio haberá un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaranse as correspondentes listas de espera que se xestionarán de forma activa.

Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!