This is a repeating event

Samaín de Campelo 2024

xov31outConsultarSamaín de Campelo 2024Asociación de Mulleres Arela e Concello de Poio(Consultar: xoves) Praza da Granxa, Campelo - Poio

Detalles do Evento

Campelo comeza a prepararse para festexar o Samaín, unha das celebracións referentes na provincia, que xa leva doce anos celebrándose e que, ademais, involucra a toda a veciñanza deste lugar.

Precisamente, desde a Asociación de Mulleres Arela aseguran que este é o gran logro desta celebración, que conta coa participación de todas as veciñas e veciños da contorna que ven nesta cita unha oportunidade para dinamizar o lugar e espertar a creatividade.


Presentación do Samaín en Campelo | © Concello de Poio

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e representantes da asociación presentaron a programación deste ano, que arranca xa este sábado cos obradoiros de cabazas.

Ata o 2 de novembro, haberá moitas actividades, entre as que se inclúen cine, o domingo 27; contadas terroríficas, o venres 1 de novembro; e truco ou trato o sábado 2, pero o día principal será o xoves 31 de outubro, coa Cova das Druídas, a Corredoira do Terror, “grande, divertida e que combina tradición e modernidade”, e o espectáculo de lume. Será a partir das 18.00 horas.

As actividades desenvolveranse no interior da carpa instalada na Praza da Granxa.

Ángel Moldes, anima a grandes e pequenos de todo o concello a pasar unha xornada zombie e de terror en Campelo, unha iniciativa que, recorda, “nace dos propios veciños e veciñas e que cada ano suma máis participantes.

É unha cita imprescindible, unha festa que cada vez está máis presente no calendario das familias e o mellor lugar para gozala é no Samaín de Campelo”.


Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Praza da Granxa, Campelo

Está pasando!