María Luisa de Santiago ‘Cocó’, exporá os seus ‘Maniquíes creativos’ no Ateneo Santa Cecilia de Marín

13 Novembro 2023

O Ateneo Santa Cecilia vai contar cunha exposición moi orixinal da man de María Luisa de Santiago ‘Cocó’, chamada ‘Maniquíes creativos’. Nela poderemos ver unha mostra de maniquíes e bustos decorados e pintados con distintas técnicas artísticas.

María Luisa de Santiago, máis coñecida como ‘Cocó’ xa expuxera anteriormente e impartira clases de manualidades no Ateneo Santa Cecilia. Comezou a súa andadura de experimentar artisticamente cos maniquíes a raíz dunha amizade.

A inauguración terá lugar o martes, 14 de novembro ás 20:00 da tarde no local do Ateneo e poderá visitarse ata o 1 de decembro.


Está pasando!