Máis de 2.000 persoas visitaron a exposición inmersiva ‘Vanguardias’ no seu primeiro mes no Auditorio Mar de Vigo

20 Xaneiro 2023

  • A primeira exposición programada polo Mar de Vigo está tendo un gran éxito e prolongarase ata o 26 de febreiro con descontos para grupos, grupos escolares e diversos colectivos
  • A exposición está despertando tamén o interese de numerosos medios de comunicación a nivel nacional, que continúan informando sobre ela
  • O domingo día 22 tamén chegará  ao Auditorio Mar de Vigo a obra “Carmina Burana”, interpretada pola Orquestra Sinfónica e Coro Estatal Ucraniano

A exposición inmersiva ‘Vanguardias, el arte que soñó con cambiar el mundo’, está tendo un gran éxito sen precedentes no Auditorio Mar de Vigo, ao recibir máis de 2.000 persoas durante o primeiro mes aberta. O público da exposición está medrando cada día, e a pasada fin de semana chegou ter picos de cerca de 200 persoas diarias. Parte desta expectación débese ao interese que suscitou en numerosos medios de comunicación nacionais que están informando sobre a mesma.

‘Vanguardias’, é unha espectacular exposición inmersiva na obra dos artistas máis relevantes que emerxeron na Europa do principios do século XX. Nun formato inédito, a través de imáxes en movemento, música e unha ducia de pantallas xigantes de 4 metros de alto e ata 24 metros de ancho, os visitantes poderán mergullarse en varias salas do recinto na luz, a cor e a técnica dos mestres desta corriente.

A súa audacia provocou unha ruptura cos ríxidos estándares da época, marcando novos camiños no mundo da arte. Os espectadores poderán achegarse de xeito singular á obra de Juan Gris, Kandinsky, Robert Delaunay, Kazimir Malevich, Amedeo Modigliani, Edvard Munch ou Egon Shiele. Todos eles concebiron a arte coma unha arma cargada de futuro e unha ferramenta que respondía ás necesidades sociais do seu tempo.

A exposición permacerá aberta ata o 26 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo todos os días, excepto os luns, en horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde de 16.30 a 20.00 horas. Outra das claves do éxito da exposición está a ser o prezo popular da entrada, só 10 euros, e as tarifas reducidas que se aplican a persoas con discapacidade, maiores de 65 anos, desempregados, familias numerosas ou o carné xoven, ademais do acceso gratuíto de nenos de ata 4 anos.


Chega o clásico “Carmina Burana”, de Carl Orff este domingo 22 de xaneiro

As portas da exposición tamén permanecerán abertas en paralelo ás actuacións programadas no Mar de Vigo. Este domingo, 22 de xaneiro, ás 19.00 horas, chega ao Auditorio o gran clásico de Carl Orff ‘Carmina Burana’, xunto coa 9ª Sinfonía de Beethoven, co inmortal Himno á Alegría, postas en escena pola Gran Orquestra Sinfónica e Coro Estatais Ucranianos.

A mítica obra foi estreada en 1937 en Frankfurt, e 80 anos despois segue a ser unha das obras clásicas imprescindibles e das máis interpretadas por extraordinarias formacións nos mellores recintos do mundo.

Tanto as entradas para ‘Carmina Burana’ interpretada pola Orquestra Sinfónica e Coro Estatais Ucranianos, como para a exposición inmersiva ‘Vanguardias, el arte que soñó con cambiar el mundo’, poden conseguirse a través de www.teuticket.com 


Está pasando!