Marín quenta motores para unha das datas máis divertidas do ano

10 Febreiro 2025

O Concello de Marín publica as bases para participar no Desfile-Concurso Infantil que se vai celebrar o sábado 1 de marzo ás 16:30 horas con 1.860 euros en premios e as do Concurso-Desfile de Adultos, acto principal do Entroido, que se celebrará o domingo 2 de marzo, con 11.375 euros en premios.

DESFILE INFANTIL

A inscrición para participar no desfile infantil terá lugar no Palco da Música da Alameda, de 16:00 ás 16:20 horas. Tras a inscrición, desfilarase polas seguintes rúas: Real, Praza do Reloxo, Sol e Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren.

Poderán participar os/as nenos/as, nacidos/as a partir do ano 2011, é dicir que teñan menos de 14 anos. As persoas maiores de 14 anos quedarán excluídas da avaliación do xurado.

Os/as acompañantes deberán ir disfrazados. Non poderá ir máis dunha persoa adulta por cada 4 nenos/as.

Os criterios de puntuación serán a orixinalidade, vestiario, actitude, ritmo e animación.

DESFILE ADULTOS

O prazo de inscrición para as comparsas de adultos será do 11 ao 27 de febreiro no Museo Municipal Manuel Torres, de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de martes a venres, de 18.00 a 21.00 horas.

A concentración de participantes será ás 16:00 horas na praza do Regueiro. De 16:00 a 16:45h habilitarase unha mesa de inscrición e ás 17:00 horas, iniciarase o desfile polas seguintes rúas: Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren.

Poderán participar todos os que se inscriban nalgunha das seguintes categorías individuais, parellas, grupos e comparsas. Só se poderán inscribir nunha categoría.

Nos concursos puntuarase dacordo cos criterios de dificultade na elaboración do vestiario, vistosidade do vestiario, actitude, ritmo e animación.


Está pasando!