O ciclo Cabos Soltos achega a Pontevedra ao grupo granadino Niños Mutantes

18 Novembro 2021

O ciclo Cabos Soltos achega ao grupo granadino Niños Mutantes en formato acústico o venres 19 de novembro ás 22:00 horas na Sala Karma.

A entrada é libre ata cubrir a capacidade. Apertura de portas, unha hora antes do inicio.

Unhas horas antes, o CITA (Centro Interpretación das Torres Arcebispais) acollerá unha conferencia do programa Cabos Soltos sobre ‘As escenas locais a debate: Granada e Pontevedra’ con Nani Castañeda, batería de Niños Mutantes, Anabel Gulías, Concelleira de Promoción da Cidade e Marcos Rivas, dinamizador local.

Entrada libre ata completar capacidade.


Está pasando!