O CMUS Manuel Quiroga amosa a súa solidariedade cos afectados pola DINA organizando xunto ao Concello de Pontevedra un concerto solidario

5 Decembro 2024

  • No evento participarán 5 agrupacións de grao profesional, implicando máis de 250 persoas
  • Terá lugar o vindeiro 19 de decembro ás 19.30 horas no auditorio do Pazo da Cultura
  • As entradas, tamén de fila 0, estarán á venda o xoves 5 en Ataquilla.com a un prezo simbólico de 5 euros

O Conservatorio CMUS Manuel Quiroga celebrará a súa Gala de Nadal o vindeiro xoves 19 de decembro ás 19.30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra coa solidaridade por bandeira, xa que a recadación íntegra da venda de entradas – e tamén da fila 0 – estará destinada ao Conservatorio de Utiel, damnificado pola DINA.

Tal e como apunta o vicedirector do CMUS, Jose Pérez “a idea de facer o concerto para recadar fondos para axudar aos afectados pola DINA, xorde de varios compañeiros tras recibir as imaxes que aporta a nai dun exalumno, que amosaban o afectado que se atopa o Conservatorio de música de Utiel.

Buscamos un concerto que agrupe ás formacións máis numerosas do centro e consideramos que a nosa Gala de Nadal era un bo escenario para poder recoller fondos. Queremos agradecer a colaboración do Concello, en especial a actuación do concelleiro Demetrio Gómez, que nos facilitou poder realizar este concerto.

A entrada ten un prezo simbólico de 5 euros haberá tamén opción de fila cero para aquelas persoas que non poidan asistir ao evento e queiran colaborar igualmente. Estarán a venda a partir de xoves 5 en Ataquilla.com. Agardamos que a xente se achegue a gozar da música ao tempo que axudamos a esta xente que perdeu todos os seus instrumentos”.



As agrupacións de Grao Profesional que participarán neste evento serán a Banda I dirixida por Miguel Dopazo, a Banda II, dirixida por Jose Pérez, a Orquestra I dirixida por Xacobe Lamas, a Orquestra II dirixida por Francisco Mora e o Coro I, dirixido por Cristina Suárez.

Jose Pérez avanza “un programa moi variado, con 250 persoas implicadas e no que atoparemos incluso colaboracións do coro coa Orquestra II ou o colofón sorpresa das das bandas que interpretan dúas pezas en conxunto con máis de 100 intérpretes en escena”.

Programa Concerto

Orquestra I
Latin Set – P. Martin
Beguine – Serenata – Huapango
Director – Xacobe Lamas

Banda I
Ponteareas (Pasodoble) – R. Soutullo
The last letter from Murdoch – M. Taruya
Director – Miguel A. Dopazo

Orquestra II
Nabucco overture – G. Verdi
O Holy night – A. Adam
Orquestra, coro II e alumnado de canto
Director orquestra – Francisco J. Mora
Directora coro – Cristina Suárez

Banda II
Orphea Galaica – M. Pérez
Fleodrodum – E. Swiggers
Director – Jose Pérez

Está pasando!