O Paseo Marítimo de Chapela volverá converterse nun extraordinario escenario natural para acoller a XI edición do Berete Rock

22 Xullo 2024

O sábado 3 de agosto Chapela acolle a XI edición do festival Berete Rock desde as 20.30 horas. A cita é xa todo un referente no calendario galego do rock e volve a destacar cun cartel “potente” nun marco natural de excepción como é o Paseo Marítimo de Chapela.

Saratoga, Brétema, Martires del Rock & Roll, Zona Zero e Chocolate Sexy son as bandas e artistas confirmados deste Berete Rock 2024.

Todos os concertos serán de acceso libre e de balde.


Está pasando!