Misha Dacic | © Sociedade Filharmónica de Pontevedra

O pianista serbio Misha Dacic ofrecerá en Pontevedra a súa versión dos doce Estudos Transcendentais de Liszt

4 Novembro 2023

O Teatro Prinicpal de Pontevedra acolle o luns 6 de novembro o segundo concerto da tempada musical da Sociedade Filharmónica de Pontevedra. Nesta ocasión, o gran pianista serbio Misha Dacic ofrecerá un programa cos Doce Estudos de Execución Transcendental para piano, S 139, de Franz Liszt.

Despois do seu debut en Estados Unidos na Discovery Series do Miami International Piano Festival en 2003, Misha Dacic converteuse rapidamente nun solista moi solicitado que capturou audiencias en todo Estados Unidos, actuando nalgúns dos festivais máis destacados como o Ravinia’s Rising Stars Series en Chicago, Gilmore Keyboard Festival, Xavier Piano Series en Cincinnati, Frederic Chopin Society’s Series en Minneapolis, ou no Steinway Hall de Nova York, entre moitos outros.



O virtuosismo, a espontaneidade e a máxima individualidade ao abordar as obras musicais caracterizan o pianismo de Dacic, de inmensa convicción, estilo e inmediatez comunicativa. Dacic apareceu en recitais en solitario, así como tamén como solista convidado en América Central e do Sur, Europa, Rusia, Xapón e Medio Oriente. Actuou no “Martha Argerich Project Festival” en Lugano, na casa de Mendelssohn en Leipzig, no Festival Sergiu Celibidache en Bucarest, no Festival “Raritäten der Klaviermusik” en Husum, no Festival Internacional de Piano “En Branco & Negro” en Ciudad de México, no Oji Hall de Tokio, e coa Orquestra Sinfónica Brasileira no Teatro Municipal de Río de Janeiro.

En 2009 uniuse á lendaria violinista Ida Haendel nunha xira por Xapón, actuando con ela por todo o mundo desde entón. Unha dos seus concertos en vivo foi gravado nun DVD lanzado por VAI. “MishaDacic en Recital”, con varias presentacións en vivo, tamén foi gravado por VAI en 2009. Celebrando o 200 aniversario de Franz Liszt en 2011, o álbum Liszt de Dacic, gravado por Piano Classics , foi moi ben recibido pola crítica en todo o mundo. En 2018, Brilliant Classics puxo no mercado un álbum de Dacic con obras de Alexander Scriabin. Dentro da súa participación regular como músico de cámara tamén destaca a colaboración de Dacic co violinista Gilles Apap e co mestre de tango arxentino Pablo Ziegler. En 2016, Dacic estreou o seu arranxo para dous pianos da obra de Rachmaninoff Las campanas, levado a cabo no museo estatal de Rachmaninoff en Ivanovka, Rusia, e foi nomeado director artístico do Festival Rahmaninoff no mesmo lugar.

Nacido en Serbia, nunha familia con moita tradición musical, e recibindo as primeiras clases do seu pai, Misha Dacic estivo actuando en publico desde a idade de dez anos. LazarBerman, Frank Cooper, Kemal Gekic, e Jorge Luis Prats cóntanse entre os seus mentores. Dacic é membro da Academia do Festival Internacional de Piano de Miami desde 2015 e recibiu o apoio de Patrons of Exceptional Artists desde 2003. Actualmente é profesor de piano na Academia Galamian en Málaga, na Escola Internacional de Música Alberto Jonás en Valencia, e nos Musical Arts Madrid.


A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe dez concertos que se celebrarán no Teatro Principal e no Auditorio Afundación de Pontevedra, entre outubro de 2023 e maio de 2024.

30/OUT/2023

  • ZOAR (quinteto de vento) e ROSALÍA GÓMEZ LASHERAS (piano)
  • Obras de Richard Strauss, Poulenc e Louise Farrenc
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/NOV/2023

  • MISHA DACIC (piano)
  • Obras de Liszt
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

22/DEC/2023

  • QUARTET VIVANCOS (corda)
  • Primeiro Premio do Concurs Amics del Cambra Románica d’Andorra 2021
  • Obras de Mozart, Schubert e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

29/XAN/2024

  • TRÍO PEDRELL (violín, violonchelo e piano)
  • Obras de Mendelssohn e Dvorák
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

01/FEB/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: Andrés Salado
  • Solista: Ludwig Dürichen (violín)
  • Obras de J. Torres e Shostakovich
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

26/FEB/2024

  • ISABEL VILLANUEVA (viola) e FRANÇOIS DUMONT (piano)
  • Isabel Villanueva é Premio Ollo Crítico da Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica da Comunidade de Madrid 2019.
  • François Dumont é Quinto Premio no XVI Concurso Internacional de Piano Fryderyk Chopin de Varsovia (2005)
  • Obras de Clarke, Brahms e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

15/MAR/2024

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Director: Baldur Brönnimann
  • Solista: Alfonso Mújica (barítono)
  • Obras de Ginastera, Márquez, Moncayo e Blas Galindo
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

09/ABR/2024

  • JAEDEN IZIK-DZURKO (piano)
  • Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano de Santander (2022) e Primeiro Premio LXVII Concurso de Piano María Canals (Barcelona 2022).
  • Obras de Bartók, Liszt e Rachmaninov
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/MAI/2024

  • GARA QUARTET (corda)
  • Con instrumentos de época “Madrid 1770”
  • Obras de Boccherini, Haydn e Canales
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

17/MAI/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: José Trigueros
  • Solista: Marina Heredia (cantaora)
  • Obras de Ernesto Halffter e Falla
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís ( euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web filarmonica.org

Está pasando!