Ortiga, Monoulious Dop, Dani, e Eladio y los seres queridos, entre os grupos confirmados polo festival A Revolta do Umia

16 Marzo 2023

  • O cartel provisional incorpora un total de 17 nomes, entre grupos e dj´s, que actuarán entre o 25 e o 26 de agosto en Vilar de Mato, Cuntis 
  • A organización segue na liña de apostar por grupos emerxentes con gran recorrido,ao igual que fixo no pasado coas Tanxugueiras ou The Rapants
  • Os abonos, á venta na web oficial do festival, inclúen dereito a acampada e asistencia ás actividades gratuítas durante os dous días do festival

O festival A Revolta do Umia ven de anunciar oficialmente o cartel provisional da súa VI edición no que incorpora un total de 17 nomes, entre grupos e dj´s, que actuarán entre o 25 e o 26 de agosto en Vilar de Mato, Cuntis .

Na nómina de bandas confirmadas inclúense a Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Fillas de Casandra, Solar Corona, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, Duendeneta e Xaby dj.

Entre as bandas que formarán parte da cita musical haberá representación local coas bandas Pants Off, da Estrada, e Bellvitge, que conta con membros da localidade cuntiense.

Unha vez máis o festival aposta pola pluralidade e a diversidade de estilos, que van desde o rock, o punk-rock ou o shoegaze, ata a cumbia, a electrónica ou o metal alternativo. Entre as múltiples novidades e sorpresas que prepara a organización, a sesión vermú deste ano contará co concerto de dúas bandas, e a continuación sesión dj de La Duendeneta.

Os abonos poden adquirirse na web oficial do festival http://arevoltadoumia.gal. Adicionalmente, este ano, como novidade, a organización decidiu apostar por recuperar o formato físico de entradas, que estarán dispoñibles en varios locais da comunidade.


Está pasando!