Museo da Ciencia do Viño | © Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra celebra o Día Mundial do Enoturismo cunha xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño

7 Novembro 2024

O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño quere promover un dos seus maiores expoñentes cunha xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño.

Todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición. Por grupos os visitantes descubrirán o Museo da Ciencia do Viño, un dos maiores espazos de divulgación da viticultura e enoloxía de España. Un museo altamente interactivo, didáctico, idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo ben por correo museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 617 148 866. As prazas son limitadas.


Está pasando!