A feira do libro regresa a Redondela con presentacións literarias, espectáculos infantís e pregón de Fina Casalderrey

13 Xuño 2024

Alameda de Redondela acollerá dende este xoves 13 ata o domingo 16 unha nova edición da Feira do Libro con postos de venta a cargo das librarías La Imprenta, Moliere, Mandamama, Prisma e Galgo Azul ademias dunha extensa programación de actividades paralelas que inclúen encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros e teatro.

A feira, organizada pola Federación de Librarías de Galicia, abre as súas portas este xoves ás 12:00 horas coa lectura do pregón a cargo de Fina Casalderrey. As librarías participantes ofrecerán un 10% de desconto en todos os seus libro. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

A programación do xoves inclúe o espectáculo familiar ‘A Ramona pequena vai á Lúa’ de Pakolas ás 18:00 horas e a continuación a presentación do libro ‘Dakota’ de Masha Álvarez acompañada do director da Editorial galaxia, Marcos Calveiro.



O venres a carpa de actividades encherase de música con Paco Nogueiras e o espectáculo infantil ‘Son animal’ ás 18:30 horas e unha hora despois chegará o espectáculo poético a dúas voces ‘Man a man’ con Samuel Merino e Silvia Penas. Na librería la Imprenta Ramón Otero asina Peregrino.

‘Roupa Tendida’ de Xarope Tulú é o espectáculo elixido para amenizar ao público infantil na xornada do sábado, día no que haberá tamén presenza Redondela con Roberto Sanmartím, Carlos Pazos-Justo e Fernando Martínez Arribas quen presentan o libro ’50 anos de abril na Galiza’.

O domingo haberá teatro con Pedras de Cartón e a obra ‘Moby Dick’ as 18:00 horas na carpa de actividades, lugar no que a valedora do Pobo María Xosé Porteiro acompañará a Rexina Vega na presentación do libro ‘O teu perfil na miña sombra’.

Está pasando!