Presentación da xuntanza de coches e motos clásicas de Barro | Concello de Barro

A Festa do Viño de Barro engade unha unha xuntanza de coches e motos clásicas na súa 47ª edición

10 Xuño 2026

O domingo 21 de xuño, a partir das 11:00 horas, Barro converterase no punto de encontro obrigado para amantes do motor e do coleccionismo.

No marco da programación da XLVII Festa do Viño, o Pazo da Crega acolle unha xuntanza de coches e motos clásicas aberta á participación tanto de automóbiles históricos coma de motocicletas.

O público asistente terá a oportunidade de admirar de preto verdadeiras xoias sobre rodas, deseños icónicos doutras épocas e vehículos coidados con esmero que forman parte da nosa historia automobilística. Unha proposta máis dunha programación da festa do Viño pensada para todos os públicos.

A inscrición para participar no evento é totalmente gratuíta. O rexistro é de carácter obrigatorio co obxectivo de asegurar unha correcta loxística e distribución dos vehículos no espazo habilitado.

Para reservar a túa praza, é preciso contactar coa organización no teléfono 680 502 154 ou cubrir o formulario de inscrición habilitado para o evento.

Está pasando!