‘¿Buscas pareja? Speed dating’, historias desternillantes baseadas en citas reais chega a Pontevedra e Vigo

5 Xuño 2024

Comicon Teatre presenta en Pontevedra e Vigo, ‘¿Buscas pareja? Speed dating’, unha comedia escrita e dirixida por Iván Campillo.

Novos tempos para o amor. ‘¿Buscas pareja? Speed dating’ é unha comedia fresca e divertida que combina o stand up comedy coas escenas de parella, que fai unha análise en clave de humor das novas maneiras de coñecerse a través das redes sociais como Tinder ou outras apps de citas e que acaba cun maratón de citas rápidas.

Historias desternillantes baseadas en citas reais.



Sinopse:

Sara volve estar sen parella e a Carlos deixouno a súa moza de toda a vida. Así que inician unha viaxe a través das apps de citas, porque nun mundo perfecto ten que existir a túa parella ideal. Pero, despois de coñecer a toda unha fauna de personaxes rarísimos, descobren que nin o mundo é perfecto nin as relacións de parella son ideais.

As funcións terán lugar o venres 7 no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra e o sábado 8 de xuño no Teatro Afundación de Vigo.

Entradas anticipadas á venda dende 20 euros en Ataquilla.com

Está pasando!