‘Vida perfecta’ | Movistar+

Proxección de ‘Vida perfecta’ en Pontevedra

sáb10out17:00Proxección de ‘Vida perfecta’ en Pontevedraactividades previas dos Premios Feroz 202717:00 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

Facultade de Comunicación de Pontevedra acolle as actividades previas dos Premios Feroz 2027, que inclúen un ciclo de proxeccións e coloquios abertos ao público.

Debido ás obras de remodelación do Teatro Principal, o salón de actos da facultade adaptouse cun equipamento de proxección de calidade para acoller todas as sesións.

As sesións celebraranse os días 10, 16, 17, 25 e 31 de outubro ás 18:00 horas, agás a xornada inaugural que comezará ás 17:00 horas:

  • 10 de outubro: Proxección da primeira tempada de ‘Vida perfecta’ e posterior coloquio coa actriz Celia Freijeiro.
  • 16 de outubro: Proxección de ‘Autodefensa’ e encontro coa súa creadora e protagonista Berta Prieto.
  • 17 de outubro: Proxección da primeira tempada de ‘Paquita Salas’, creada por Javier Ambrossi e Javier Calvo.
  • 25 de outubro: Proxección de ‘Fácil’ acompañada dunha conversa coa actriz Coria Castillo.
  • 31 de outubro: Proxección da primeira tempada de ‘Cardo’ e coloquio coa creadora e actriz Ana Rujas e a co-creadora Claudia Costafreda.

As entradas son de balde e pódense retirar desde sete días antes de cada pase na Oficina de Turismo da Praza de España, cun máximo de catro localidades por persoa. Tamén se habilitará a reserva en liña a través do sitio web apuntate.pontevedra.gal. cun número limitado de entradas.

A gala da décimo cuarta edición dos Premios Feroz celebrarase o vindeiro 23 de xaneiro de 2027 no Pazo da Cultura.

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!