‘Unha ventá ao mundo’, cinema solidario ao aire libre en Redondela

18 Xullo 2024

Hoxe ás 19:30 horas, na fachada principal do Concello de Redondela poderemos disfrutar dunha sesión de cinema ao aire libre, de carácter solidario. A ONG Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais o Concello de Redondela desenvolverán a actividade de sensibilización social: Cine e cooperación. Unha ventá ao mundo.

A actividade consiste na proxección de varias curtametraxes vencelladas ao proxecto de cooperación que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Guatemala, co financiamento do Fondo Galego. Ao rematar as proxeccións haberá tempo de comentar e debater sobre diferentes aspectos relacionados co proxecto e mais coas curtametraxes: soberanía alimentaria, seguridade e hixiene alimentarias ou o dereito a unha vivenda digna, en relación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.

Unha actividade que se realiza na rúa dende o propósito de ocupar o espazo público para favorecer a accesibilidade do conxunto da poboación coas accións de cooperación, de sensibilización e de concienciación social.


Está pasando!