‘Costureiriña Bonita’ de Cris Collazo | A Cova das Letras

A Cova das Letras presenta 'Costureiriña Bonita' en Salvaterra de Miño

sáb10out21:00A Cova das Letras presenta 'Costureiriña Bonita' en Salvaterra de Miño‘Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural’21:00 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

‘Costureiriña Bonita’ é un espectáculo de Cristina Collazo que combina a maxia do xogo coa saudade dos tempos idos, un canto á muller galega modista, emigrada que procurou nas feituras un xeito de facer a vida.

‘Costureiriña Bonita’ é interxeracional, onde grandes e pequenas desfrutan da música, títeres e lendas, a través dunha participación activa. Ao ritmo frenético da máquina de coser prepáranse os traxes que serven de inspiración para deixar voar a imaxinación.

Esta espectáculo de títeres para público familiar, que forma parte do programa ‘Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural’, percorrerá distintos espazos de Salvaterra de Miño.

As funcións serán o 19 de setembro na Casa Cultural de Meder, o 3 de outubro na Casa Cultural de Alxén, o 10 de outubro na Casa Cultural de Vilacoba e o 25 de outubro no Centro Social de Oleiros, todas ás 21.00 horas.

‘SENSIBILIZAR PARA PROTEXER. A CULTURA NO RURAL’

O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova programación cultural baixo o lema ‘Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural’, unha iniciativa que xurde a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia xunto ao Concello de Salceda de Caselas que busca achegar propostas culturais de calidade ás diferentes parroquias do municipio e empregar a cultura e as artes escénicas como ferramentas de sensibilización, participación e convivencia.

Entre os meses de setembro e novembro, a programación ofrecerá dezaseis funcións e actividades culturais repartidas por diferentes núcleos e espazos do concello, facilitando o acceso da veciñanza á cultura sen necesidade de desprazarse fóra do seu contorno habitual.

A programación arrinca o 11 de setembro, ás 20.30 horas, na Praza do Concello, co espectáculo ‘5.0’, unha proposta de circo aéreo con danza dirixida a todos os públicos.

O programa continuará coa proposta ‘Elas’, un espectáculo de contacontos para todos os públicos que chegará a diferentes parroquias: o 12 de setembro, ás 21.00 horas, á Casa Cultural de Fiolledo; o 2 de outubro, ao Centro Cultural Xerme de Cabreira; o 17 de outubro, á Casa Cultural de Lira; e o 1 de novembro, á Casa Cultural de Porto.

Tamén terá un papel destacado a proposta ‘Costureiriña Bonita’, un espectáculo de títeres para público familiar que percorrerá distintos espazos do municipio. As funcións serán o 19 de setembro na Casa Cultural de Meder, o 3 de outubro na Casa Cultural de Alxén, o 10 de outubro na Casa Cultural de Vilacoba e o 25 de outubro no Centro Social de Oleiros, todas ás 21.00 horas.

Como peche da programación, o 14 de novembro, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura de Salvaterra, terá lugar ‘As mil e unha’, un espectáculo de narración oral e música pensado para o público familiar.

CULTURA PRÓXIMA E ACCESIBLE

Con esta iniciativa, o Concello de Salvaterra de Miño pretende descentralizar a actividade cultural e reforzar a programación nas parroquias, apostando por levar espectáculos e actividades a espazos culturais próximos á veciñanza.

O programa busca, así mesmo, favorecer a participación de persoas de diferentes idades e converter a cultura nun espazo de encontro, reflexión e convivencia, cunha especial atención ás propostas destinadas ao público infantil e familiar.

‘Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural’ está cofinanciado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade e do Goberno de España, coa colaboración da Xunta de Galicia e Xacobeo 2027.

PROGRAMA

  • 11/09 – 20.30 h. Praza do Concello: ‘5.0’ – Circo aéreo con danza para todos os públicos
  • 12/09 – 21.00 h. Casa Cultural de Fiolledo: ‘Elas’ – Contacontos para todos os públicos
  • 19/09 – 21.00 h. Casa Cultural de Meder: ‘Costureiriña Bonita’ – Títeres para público familiar
  • 02/10 – 21.00 h. Centro Cultural Xerme de Cabreira: ‘Elas’
  • 03/10 – 21.00 h. Casa Cultural de Alxén: ‘Costureiriña Bonita’
  • 10/10 – 21.00 h. Casa Cultural de Vilacoba: ‘Costureiriña Bonita’
  • 17/10 – 21.00 h. Casa Cultural de Lira: ‘Elas’
  • 25/10 – 21.00 h. Centro Social de Oleiros: ‘Costureiriña Bonita’
  • 01/11 – 21.00 h. Casa Cultural de Porto: ‘Elas’
  • 14/11 – 21.00 h. Casa da Cultura de Salvaterra: ‘As mil e unha’ – Narración oral e música para público familiar

O Concello de Salvaterra de Miño anima a toda a veciñanza a participar nesta programación e a gozar da cultura tamén nos espazos máis próximos ás súas casas.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!