This is a repeating event

Foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ en Pontevedra

sáb15mar12:00Foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ en Pontevedra14 e 15 de marzo de 202512:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Estre os días 14 e 15 de marzo de 2025 volven as #MulleresQueOpinan ao Teatro Principal de Pontevedra.

O encontro, promovido polo Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, e ideado polas xornalistas Diana López Varela e Susana Pedreira, chega á oitava edición como un foro xa consolidado e premiado pola Delegación do Goberno nos Recoñecementos Meninas de Galicia 2024, cos que a Administración distingue o traballo de persoas e entidades galegas na loita contra a violencia machista.

Cunha entrada de balde até completar as butacas dispoñíbeis, un total de 15 mulleres pasarán polo escenario dunha cita que recupera o xornalismo no centro da súa temática, reivindicando o seu papel fundamental que, nestes tempos de desinformación e sobreinformación, teñen os medios de comunicación e as profesionais que exercen este oficio en prensa, radio e televisión.


Presentación do VIII Foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ | Concello de Pontevedra

O xornalismo de investigación para destapar casos de violencia sexual e a información internacional terán un especial protagonismo nos relatorios deste 2025, co obxetivo de coñecer as dificultades destas especialidades dentro do sector e a importancia desa información perigosa.

Desde a organización, Pedreira e López Varela lembran que este ano chegarase a cifra das 100 profesionais da comunicación que xa pasaron por este foro, e que desde o 2018 contan as súas experiencias, os seus fitos, retos e vivencias en Pontevedra, convertendo ‘As mulleres que opinan son perigosas’ nunha referencia.

Coas novas convidadas deste ano, serán cen as profesionais do xornalismo e da comunicación que estiveron en Pontevedra desde 2018 e que forman parte da rede #MulleresQueOpinan, unha marca de referencia, compromiso e calidade no xornalismo de opinión.

Prazas limitadas ata completar cabida. Inscrición de balde en depo.gal



A programación do VIII Encontro de Mulleres Periodistas ‘As mulleres que opinan son perigosas’ é a seguiente:

Venres 14 de marzo

  • 12:00 h. “Non hai historia mala”. María Hermida, de La Voz de Galicia
  • 12:45 h. “Cuantificar, contextualizar e documentar a violencia machista”. Macarena Baena, responsable de Efe Feminista
  • 13:30 h. “As malas nais e as fillas horribles: (un tabú?) máis alá da ficción”. Blanca Lacasa, xornalista e escritora autora de ‘Las hijas horribles’
  • 14:15 h. Pausa para xantar
  • 17:00 h. “Pensando en ti. Experiencias persoais e opinións de madrugada”. Raquel Rosa, da Radio Galega
  • 17:45 h. “Xornalismo de investigación contra a violencia sexual”. Ana Marcos e Elena Reina, equipo de investigación de abusos no cine de El País
  • 18:30 h. Pausa para café
  • 18:45 h. “Feridas de guerra. Desmontando o relato patriarcal dos conflitos”. Olga Rodríguez, xornalista especializada en información internacional e dereitos humanos de Eldiario.es
  • 19:30 h. “Unha vida dedicada á información. Corenta anos de televisión”. María Escario, xornalista de TVE xubilada

Sábado 15 de marzo

  • 12:00 h. Inauguración. Diana López e Susana Pedreira, co Concello e coa Deputación
  • 12:30 h. Gañadoras do II Premio de Opinión #MulleresQueOpinan. María Piñeiro e Antía Yáñez
  • 13:15 h. “Coordinar unha sección de opinión”. Noelia Adánez, coordinadora de opinión en Público
  • 14:00 h. Pausa para xantar
  • 17:00 h. “Notas de voz na terraza. Opinar en videocolumna”. Aida Bao, da Cadena SER
  • 17:45 h. “Unha homosexualidade propia. Identidade lésbica e referentes culturais”. Inés Martín Rodrigo, xornalista e escritora do Grupo Prensa Ibérica e RNE
  • 18:30 h. Pausa para café
  • 18:45 h. “Explicar a actualidade a través do humor”. Raquel Martos, xornalista e escritora de Onda Cero e infoLibre
  • 19:30 h. “De Moscú a Londres pasando por Washington. O oficio de correspondente e enviada especial”. Anna Bosch, correspondente e enviada especial de TVE. Escribe opinión en RTVE.es

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!