Concerto de Juan Lorenzo en Vilagarcía

dom14xuñConsultarConcerto de Juan Lorenzo en VilagarcíaCiclo de actuacións musicais 'Ágora Vermú!'(Consultar: domingo) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O ciclo de actuacións musicais ‘Ágora Vermú!’ ábrese co concerto do grupo de punk-rock Barbitúricos no Piñeiriño o día 24 de maio, coincidindo coas festas de Santa Rita.

Barbitúricos nacen durante unha partida de futbolín no Bar-Tolo de Compostela. Eles defínense como unha banda de punk rock coas ideas moi claras, sen poses nin intermediarios.

A seguinte cita será o 31 de maio na zona verde dos Duráns, coa presenza de Daydream Sessions, un proxecto musical que ten como propósito crear un espazo de encontro para músicos a través des actuacións colaborativas. Con certo grao de improvisación, a banda contará coa participación de intérpretes locais para ofrecer unha animada “jam session”.

Pola súa banda, Alexandra Carrera amosará o seu talento na avenida da Mariña o domingo 7 de xuño. Interpretará unha interesante lista de cancións pop e soul especialmente elixidas para a ocasión.

O canario Juan Lorenzo será o encargado de amenizar a sesión dominical do 14 de xuño no Carril. Con tres traballos discográficos publicados, o artista fará gala na Praza da Liberdade do seu característico estilo, no que funde a música tradicional co rock progresivo.

Por último, tras pasar polo Solifest, Amaramar recalará en Vilaxoán para clausurar o ‘Ágora Vermú!’ o 21 de xuño. Como xa demostrou nas Pistas, a música deste grupo revelación busca representar o mar galego a través da sensibilidade poética, as letras e os sons explosivos que logran conectar emocionalmente co público.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!