Concerto de Mahmood en Pontevedra

dom12mai20:30Concerto de Mahmood en Pontevedraciclo musical 'Resoan'20:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O artista internacional, Mahmood, coñecido pola súa actuación de Eurovisión en 2019 coa que acadou unha segunda posición que lle serviu como trampolín para impulsar a súa carreira en Europa, acaba de anunciar a súa xira europea que recala no Pazo da Cultura o domingo 12 de maio ás 20.30 horas.

O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.

Mahmood, un dos referentes da música actual en Italia, non para de cultivar éxitos tralos excelentes resultados obtidos con “Gioventù Bruciata” (disco de platino) e o éxito mundial de “Soldi” (4 certificacións de platino) co que gañou o Festival de Sanremo en 2019. Mahmood volveu a alcanzar o Top 10 das listas en 2020 con “Rapide” e “Dorado”, incluidos no seu último álbum “Ghettolimpo”, que tamén contén os singles “Inuyasha” e “Klan”.

Mahmood ten hoxe 29 discos de platino e 7 de ouro en Italia, 6 discos de platino e 3 de ouro no estranxeiro.

Entradas anticipadas á venda dende 30 euros en Ataquilla.com


Está pasando!