This is a repeating event

Entroido de Cobres en Vilaboa

sáb10feb10:00Entroido de Cobres en VilaboaFesta de Interese Turístico de Galicia10:00 Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

O Concello de Vilaboa e a Asociación Cultural Cobres convidan a “ver e vivir” unha festa que encherá Vilaboa de tradición, de singularidade e de colorido do 10 ao 13 de febreiro, nunha edición que porá de relevo os valores máis emblemáticos deste festexo singular e único en Galicia botando man das novas tecnoloxías.

O cartel, coa nova imaxe e cores aprobada para esta nova andaina do Entroido de Cobres na que aspira a conseguir a catalogación como Festa de Interese Turístico Nacional, conta con dous códigos QR que facilitarán o seguimento das actividades en tempo real. Un deles permite o acceso directo á web específica do Entroido e o outro permitirá a calquera que queira vivir esta festa a saber en tempo real onde estarán danzando as madamas e galáns a través de WhatsApp.

A programación do ENTROIDO DE COBRES 2024 é a seguinte:

Sábado 10 de febreiro

  • 10:00-19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Gran Festa de Apertura con TRÍO TIC TAC, AMÉRICA DE VIGO e DJ CHARLIE

Domingo 11 de febreiro

  • 10:00-19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Festa a cargo de TRÍO LA NOCHE

Lunes 12 de febreiro

  • 10:00-19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 21:30h. Luns de MAGHACHOS con TRÍO DIGITAL e ORQUESTRA SAUDADE

Martes 13 de febreiro

  • 10:00-13:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 13:00h. Sesión vermú amenizada por TRÍO DIGITAL. Haberá comida: polbo, churrasco…
  • 16:30h. CORRIDA DO GALO presentada por ISI da TVG. Bailará o ENTROIDO, haberá GALO NO RÍO E NA VARA, concursos, predicadora LETI DA TABERNA, QUEIMA DO GALO e gran tirada de fogos de artificio
  • REMATE DE FESTA con DJ GABRY


Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!