Exposición 'Ricardo Portela, inmorrente' en Vigo

lun28setConsultarven23outExposición 'Ricardo Portela, inmorrente' en VigoDeputación de Pontevedra(Consultar) Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra - Vigo

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra réndelle homenaxe a Ricardo Portela, que foi imprescindible na conexión da tradición dos vellos gaiteiros coas novas xeracións, coa exposición ‘Ricardo Portela, inmorrente’, co obxectivo de contribuír á difusión da súa vida e obra e destacar os seus fitos fundamentais a modo de lembranza e exemplo para as novas xeracións.

Ricardo Portela (1920-1992), gaiteiro de Viascón, é unha figura clave da nosa música tradicional e da gaita en particular, que el mesmo cualificou como un instrumento “inmorrente”.

Símbolo do gaiteiro tradicional, que profesou un amor profundo a Galicia e á súa música, foi un grande intérprete que creou escola con moitos dos recursos do seu propio estilo, que permanecen vivos no xeito de tocar dalgunhas e dalgúns dos gaiteiros máis recoñecidos da actualidade.

Portela, un mestre de mestres, representa a gran responsabilidade cultural de ser gaiteiro alén da súa extraordinaria sensibilidade musical e do seu persoal estilo interpretativo, acadando o recoñecemento en vida.

Do 28 de setembro ao 23 de outubro de 2026, de luns a venres, en horario de 9.00 a 20.30 h​​​​​​​oras, na Sala Maruja Mallo da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Hora

Setembro 28 (Luns) - Outubro 23 (Venres)

Localización

Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!