This is a repeating event

Festaclown 2024 en Vilagarcía

lun19agoConsultarFestaclown 2024 en VilagarcíaA festa da risa(Consultar: luns) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Do 19 ao 25 de agosto, as rúas e prazas de Vilagarcía encheránse de ledicia e festa coa décima edición do Festaclown, o festival circense que xa é unha cita ineludible no marco das Festas de San Roque, e que este ano regresa cun espectáculo olímpico protagonizado polas entidades sociais da cidade, e cun talante máis reivindicativo que nunca, pedindo o cese da violencia contra o pobo palestino.

O cartel deste ano permitiranos gozar de grandes nomes nacionais, como o ilusionista Miguel de Lucas, que estrea en Galicia o seu espectáculo Magia y Humo; de compañías internacionais chegadas de diferentes continentes como Circ Colokolo (Marrocos), Tchyminigagua (Colombia) e outras nacionais de gran calidade como o Zirko Txosko, Orain Bi ou Ameba Teatre.


Presentación do Festaclown 2024 | © Concello de Vilagarcía

En total haberá catro estreas absolutas e seis estreas en Galicia. E, como cada ano, o público do Festaclown poderá votar polo seu espectáculo favorito dentro do certame.

Seguindo o esquema de sempre, o Festaclown divide a súa programación en varios bloques temáticos: os “Superroquiños” matutinos para a cativada, e o Certame e a Mostra, de tarde, para público familiar.

Ademais, dende os seus inicios, o festival avoga pola cultura accesible a todos os públicos, tamén dende a creación. Por iso, dentro do seu apartado social podemos encontrar varios espectáculos nos que participan compañías profesionais con artistas con discapacidade e grupos locais. Nesta ocasión a organización do certame contará coa colaboración da Asociación Con Eles, Amencer, Igualarte e Clámide.



A programación da décima edición do Festiclown é a seguinte:

LUNS 19 DE AGOSTO

  • 19:30 h. Rúas da cidade. ANIMACLOWN. ‘Tchimizayaguas’ (estrea en Galicia). Fundación Tchyminigagua.
  • 21:00 h. Rúas da cidade. ANIMACLOWN. ‘Meninas’ (estrea en Galicia). 7Bubble.

MARTES 20 AGOSTO

  • 11:00 h. Rúas da cidade. ANIMACLOWN. ‘Animarte’ (estrea). Igualarte, Asociación con Eles e Tchyminigagua.
  • 12:30 h. Praza de Ravella. SUPERROQUIÑOS. ‘Máis Saaabor!’. Culturactiva Producións.
  • 19:30 h. Praza de Galicia. CERTAME FESTACLOWN. ‘Burbuja’. 7Bubble.
  • 21:00 h. Praza da II República. MOSTRA FESTACLOWN. ‘Sueños Encantados’. Fundación Tchyminigagua.

MÉRCORES 21 AGOSTO

  • 11:00 h. Parque Miguel Hernández. FESTACLOWN SOCIAL. ‘Pepa a Loba’. Cris Collazo.
  • 12:30 h. Praza de Ravella. SUPERROQUIÑOS. Prohibido tocar “El segurata” (estrea). Pablo Muñoz.
  • 19:30 h. Praza de Galicia. CERTAME FESTACLOWN. ‘Crunch 2’. Muu.
  • 21:00 h. Praza da II República. MOSTRA FESTACLOWN. ‘Chouf Le Ciel’ (estrea en Galicia). Circ Colokolo.

XOVES 22 AGOSTO

  • 11:00 h. Parque Miguel Hernández. FESTACLOWN SOCIAL. ‘A Nena Lentella’. Olga Abad.
  • 12:30 h. Praza de Ravella. SUPERROQUIÑOS. ‘O último que apague a luz’. A Vela Circo.
  • 19:30 h. Praza de Galicia. CERTAME FESTACLOWN. ‘Mal de Tontos’. Cirkompacto.
  • 21:00 h. Praza da II República. MOSTRA FESTACLOWN. ‘Cataplúm!’ (estrea en Galicia). Ameba Teatre.

VENRES 23 AGOSTO

  • 11:00 h. Praza de GaliciaFESTACLOWN SOCIAL. ‘Somos Olímpicos’ (estrea). Asociación Con Eles.
  • 12:30 h. Praza de Ravella. SUPERROQUIÑOS. ‘Lila Star’. Cia Sintriz.
  • 19:30 h. Praza de Galicia. CERTAME FESTACLOWN. ‘Távole’ (estrea). Zirko Txosko.
  • 21:00 h. Praza da II República. MOSTRA FESTACLOWN. ‘Mute’. Orain Bi.

SÁBADO 24 AGOSTO

  • 11:00 h. Parque Miguel Hernández. FESTACLOWN SOCIAL. ‘Contos en Lila’. Cris de Caldas.
  • 12:30 h. Praza de Ravella. SUPERROQUIÑOS. ‘Henriko, o Feiticeiro’. Simplemete Enricco.
  • 19:30 h. Praza de Galicia. CERTAME FESTACLOWN. ‘Alone‘ (estrea en Galicia). Mai Clown.
  • 21:00 h. Praza da II República. MOSTRA FESTACLOWN. ‘Maxia e humor’ (estrea en Galicia). Miguel de Lucas.


Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!