This is a repeating event

Jocelyne Saab no Cineclube Pontevedra

mar16abr20:30Jocelyne Saab no Cineclube PontevedraOs Martes do mes de Abril20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Os martes do mes de abril do Cineclube Pontevedra, estarán dedicados á libanesa Jocelyne Saab (Beirut, 1948-2019), quen traballou a comezos dos 70 como xornalista e reporteira de guerra, e axiña iniciou unha espléndida carreira como directora, principalmente no ámbito do documental, aínda que tamén realizou algunhas ficcións.

Sempre comprometida coa causa palestina e os procesos de autodeterminación dos pobos, Saab é responsable dunha valiosísima cartografía cinematográfica que atendeu ás guerras de liberación do Medio Oriente e Norte de África durante os 70 e 80, ao pé da trincheira e cun marcado posicionamento político polo que foi obxecto da censura e de diversas ameazas.

Grazas á colaboración da Asociación Jocelyne Saab, que vén de restaurar a súa obra, proxectaranse algunhas das súas pezas centradas na guerra civil do Líbano e na resistencia palestina ao sur do país, na Cidade dos Mortos de Exipto e no pobo saharauí.


MARTES 16 | 20:30

  • ‘AS MULLERES PALESTINAS’ (Jocelyne Saab, 1974, Francia, 16 min., VOSE)
  • ‘LÍBANO SUR: HISTORIA DUNHA VILA ASEDIADA’ (Jocelyne Saab, 1976, Francia, 12 min., VOSE)
  • ‘OS NENOS DA GUERRA’ (Jocelyne Saab, 1976, Francia, 10 min., VOSE)
  • ‘EXIPTO: CIDADE DOS MORTOS’ Jocelyne Saab, 1977, Líbano, 35 min., VOSE, Lingua: francés, árabe e inglés)

As primeiras tres pezas desta sesión céntranse na resistencia palestina no sur do Líbano. Nelas, a directora retrata e dálles voz aos habitantes das aldeas fronteirizas de Hanine e Kfarchouba logo de seren atacadas por sirios e israelís en 1976, ás combatentes palestinas e ás crianzas dun barrio beirutí días despois da masacre de Karantina en 1976.

Na cuarta peza, de 1977, Saab retrata a Cidade dos Mortos, un camposanto habitado por vivos nos arrabaldes do Cairo, para a partir dela mostrar a masificación e a miseria dos populosos barrios cairenses, ameazados día a día pola pasividade das autoridades.


MARTES 23 | 20:30

  • ‘BEIRUT, NUNCA MÁIS’ (Jocelyne Saab, 1976, Líbano, 35 min., VOSE)
  • ‘CARTA DESDE BEIRUT’ (Jocelyne Saab, 1978, Líbano, 52 min., VOSE)
  • ‘BEIRUT, A MIÑA CIDADE’ (Jocelyne Saab, 1982, Líbano, 37 min., VOSE, Lingua: francés e árabe)

Nestas tres pezas gravadas entre 1976 e 1983, Jocelyn Saab achéganos á cotiandade bélica da súa cidade natal, Beirut. Asisitimos a través delas a un escenario marcado pola destrución e a reconstrución constantes ao longo dos anos de guerra, no que a directora libanesa non dubida en poñer corpo e cámara entre bombas e fusís para dar testemuño, cunha mirada íntima e poética, pero tamén política, da violencia israelí, a traición da armada siria, os xogos sucios entre comunidades e a a vontade dun pobo por recuperar a súa vida.


MARTES 30 | 20:30

  • ‘O SÁHARA NON ESTÁ Á VENDA’ (Jocelyne Saab, 1977, Francia-Marrocos-Alxeria, 75 min., VOSE, Lingua: francés, árabe e español).

Desde o corazón do deserto, Jocelyn Saab rexistra os enfrontamentos entre Arxelia e Marrocos no territorio de El-Aaioun, así como a resistencia saharauí da Fronte Polisaria.

Entre o documental antropolóxico e a reportaxe política, ‘O Sáhara non está á venda’ mostra de maneira incisiva, detallada e indómita un conflito que chega até os nosos días, lembrándolle ao mundo que o pobo saharauí existe e dándolles voz a todos os axentes implicados: as autoridades marroquís, as mulleres arxelinas, a pantasma da presencia colonial española e a Fronte Polisaria.



O CINECLUBE PONTEVEDRA DEDICARALLE O MES DE ABRIL Á LIBANESA JOCELYNE SAAB E AO FINLANDÉS AKI KAURISMÄKI

Aki Kaurismäki será o protagonista das sesións dos luns, programadas en colaboración coa Filmoteca de Galicia, nas que se proxectarán dúas comedias dos anos noventa rodadas respectivamente en Londres e París: ‘Contratei un asasino a soldo’ e ‘A vida de bohemia’.

Os tres martes do mes, pola súa banda, estarán dedicados á libanesa Jocelyne Saab (Beirut, 1948-2019), quen traballou a comezos dos 70 como xornalista e reporteira de guerra, e axiña iniciou unha espléndida carreira como directora, principalmente no ámbito do documental, aínda que tamén realizou algunhas ficcións.

Sempre comprometida coa causa palestina e os procesos de autodeterminación dos pobos, Saab é responsable dunha valiosísima cartografía cinematográfica que atendeu ás guerras de liberación do Medio Oriente e Norte de África durante os 70 e 80, ao pé da trincheira e cun marcado posicionamento político polo que foi obxecto da censura e de diversas ameazas.

Grazas á colaboración da Asociación Jocelyne Saab, que vén de restaurar a súa obra, proxectaranse algunhas das súas pezas centradas na guerra civil do Líbano e na resistencia palestina ao sur do país, na Cidade dos Mortos de Exipto e no pobo saharauí.


Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen está dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!