'Noites de Retranca' en Redondela

sáb24feb20:00'Noites de Retranca' en Redondela Manuel Manquiña e Oswaldo Digón20:00 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

A programación de inverno do Concello de Redondela continúa o sábado 24 de febreiro, co Ciclo Vive Teatro no Auditorio da Xunqueira. Nesta entrega a actuación chega a cargo de Manuel Manquiña e Oswaldo Digón co espectáculo ‘Noites de Retranca’.

‘Noites de retranca’ é o espectáculo de humor galego máis visto na historia do teatro do país, con máis de 45.000 espectadores e o único en conseguir permanecer durante 7 anos consecutivos nas carteleiras dos principais teatros e auditorios de Galicia.

O prezo da entrada é de 3 euros, á venda na billeteira do Auditorio.


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!