‘Hamelín’ | @ Vanessa Rábade

Redrum Teatro presenta 'Hamelín' en Vilagarcía

sáb06abr20:00Redrum Teatro presenta 'Hamelín' en VilagarcíaRede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Programado dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o drama chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o sábado 6 de abril da man de Redrum Teatro e ‘Hamelín’, unha versión áspera do conto popular do mesmo título na que o seu autor, Juan Mayorga, aborda a temática da pederastia dun xeito moi sutil pero cheo de verdade.

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”.

A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.

Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Juan Mayorga aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe soez e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.



Con este texto Mayorga, Premio Princesa de Asturias das Letras en 2022, obtivo o Premio Max en 2006. Machi Salgado, Guillermo Carbajo, Laura Míguez, César Goldi, Fran Lareu, Rubén Porto e Mónica García son os actores que interveñen na obra.

Entradas anticipadas á venda dende 5 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, na billeteira do Auditorio a partir das 18:00 horas.

Como nos convenios anteriores, os billetes para as funcións programadas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios teñen un prezo reducido de 5 euros, ofertando o Concello de Vilagarcía bonificacións especiais para xóvenes, persoas maiores e desempregados. As persoas pertencentes a estes colectivos deberán acreditar a súa condición presentando o Carné Xove, a tarxeta de desempregado e DNI, segundo proceda, para poder optar á entrada a 3 euros.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!