This is a repeating event

XL Semana Galega de Filosofía en Pontevedra

lun01abr10:30lun22:00XL Semana Galega de Filosofía en PontevedraAula Castelao de Filosofía 10:30 - 22:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Aula Castelao de Filosofía presenta unha nova edición da Semana Galega de Filosofía, que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra, do 1 ao 5 de abril de 2024, baixo a epígrafe de “Filosofía e Tempo”.

O prazo de matriculación pecharase o domingo 31 de marzo ás 13:00 horas e pode facerse a través desta ligazón. A asistencia é aberta e a matrícula é de balde.

Como en anos anteriores a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas).

A apertura da Semana Galega da Filosoía correrá a cargo da filosofa catalá Fina Birulés, unha das máis recoñecidas especialistas na obra de Hannah Arend. Doutra banda, a clausura deste 2024 estará en mans de Arturo Leyte.



O programa da XL Semana Galega de Filosofía é o seguinte:

LUNS 1 DE ABRIL

  • 10:30 a 13:30 h. Fina Birulés. Investigadora do Seminari Filosofia i Gènere-ADHUC (UB). “Un pasado para o presente? Hannah Arendt”
  • 17:00 a 19:00 h. Manuel Cabada. Escritor. “Entre o pasado, o presente e o porvir. A Galiza e o tempo”
  • 20:00 a 22:00 h. Xurxo Mariño. Neurocientífico e comunicador da ciencia. “Mente e tempo. Reflexións sobre a percepción e a construción do tempo”

MARTES 2 DE ABRIL

  • 10:30 a 13:30 h. Ana Carrasco Conde. Filósofa. “As sete maneiras de medir o tempo en Tucídides: nocións doutro tempo ou sobre a medida da temporalidade”
  • 17:00 a 19:00 h. Anselmo López Carreira. Historiador. “Tempo, historia, nación”
  • 20:00 a 22:00 h. Alicia H. Puleo. Filósofa. “Filosofía e ecofeminismo en tempos de hybris”

MÉRCORES 3 DE ABRIL

  • 10:30 a 13:30 h. Ana de Miguel Álvarez. Profesora de filosofía e feminista. “Tempo das mulleres, tempo de feminismo… Acaso nin sequera o tempo ten sido, é o mesmo para mulleres e homes?”
  • 17:00 a 19:00 h. Yolanda Castaño. Poeta. “Unha arte temporal extraída dunha mina temporal”
  • 20:00 a 22:00 h. Cristina García Sainz. Profesora de Socioloxía (UAM). “Os tempos sociais do traballo con perspectiva de xénero”

XOVES 4 DE ABRIL

  • 10:30 a 13:30 h. Isabel Balza. Profesora (Universidade de Jaén). “Algúns tempos de Zambrano: graza e melancolía”
  • 17:00 a 19:00 h. María Leyra. Profesora. “O tempo dos vencidos e das vencidas: María Zambrano e Rafael Dieste”
  • 20:00 a 22:00 h. Franco Bifo Berardi. Filósofo e activista. “Tempo, morte, abstracción”

VENRES 5 DE ABRIL

  • 10:30 a 13:30 h. Francisco Conde Soto. Profesor da Facultade de Filosofía (USC). “Da redención do pasado ao presentismo sen futuro: a temporalidade no mesianismo de Benjamin e no capitalismo hipermoderno”
  • 17:00 a 19:00 h. Carlos Callón. Profesor. “O galego e o tempo do inconsciente”
  • 20:00 a 22:00 h. Arturo Leyte. Catedrático de Filosofía. Lección de clausura: “O espírito e o tempo”

Hora

(Luns) 10:30 - 22:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!