This is a repeating event

XLI Semana Galega de Filosofía en Pontevedra

lun21abr10:30lun22:00XLI Semana Galega de Filosofía en Pontevedra‘Filosofía e Nihilismo’10:30 - 22:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra será de novo epicentro de reflexión, pensamento e crítica a través da XLI Semana Galega de Filosofía, organizada pola Aula Castelao

Unha nova edición dunha das citas culturais máis lonxevas da cidade terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra, entre o 21 e o 25 de abril, baixo a epígrafe de ‘Filosofía e Nihilismo’.

O rexurdimento das ideoloxías extremistas, o xenocidio en Palestina, a crise ecolóxica, a cuestión de xénero e trans, a ausencia de valores, a medicalización da sociedade, serán algunhas das cuestións presentes nas palestras.

O pensador arxentino Néstor Kohan abrirá a semana co seu relatorio ‘Nihilismo, metafísicas post e dialéctica histórica’ na mañá do luns 21.

As escritoras Paulina Chiziane, Márcia Tiburi e Ayme Román estarán entre as 15 relatoras que compartirán o seu saber neste evento internacional que achega a filosofía ao pobo.



A asistencia a XLI Semana Galega de Filosofía é aberta e a matrícula é de balde. O prazo de matriculación estará aberto até o domingo 20 de abril no seguinte enlace.

Como en anos anteriores a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas).

O programa da XLI edición da Semana Galega de Filosofía, é o seguinte:

NIHILISMO E FILOSOFÍA Mañás, de 10:30 a 13:30 h.

  • Luns 21: Néstor Kohan. Profesor da Universidad de Buenos Aires (UBA). ‘Nihilismo, metafísicas «post» e dialéctica histórica’.
  • Martes 22: Luís G. Soto. Profesor de Filosofía Moral na USC. ‘Senda/Mar/Eira: Teo-, Me-, e De- ontoloxía’.
  • Mércores 23: José María Hernández Losada. Profesor de Filosofía Política na UNED. ‘Tecno-imperialismos: a nova carreira polo mundo’.
  • Xoves 24: Márcia Tiburi. Escritora e pensadora brasileira. ‘Ridículo Político’.
  • Venres 25: Laura Llevadot i Pascual. Profesora da Universidade de Barcelona (UB). ‘Contribución a unha teoría non depresiva da depresión. Desexo e melancolía no capitalismo neoliberal’.

GALIZA E NIHILISMO | Tardes, de 17:00 a 19:00 h.

  • Luns 21. Brais González Arribas. Profesor de Filosofía na Universidade de Vigo. ‘Do entoar: unha ontoecoloxía relacional e nihilista’.
  • Martes 22. Sami Ashour Ashour. Presidente da Comunidade Palestina en Galicia. ‘Gaza Palestina: Valor da solidariedade’.
  • Mércores 23. Mª Pilar García Negro. Profesora honoraria da UDC e escritora. ‘O valor da lingua galega: evidencias e necesidades’.
  • Xoves 24. Marta Dacosta. Poeta e profesora. ‘Berrar, berrar ben alto’.
  • Venres 25. Daniela Ferrández Pérez. Profesora e escritora. ‘Unha proposta teórica sobre o trans no pasado e no presente’.

TEMPOS DE NIHILISMO. Noites, de 20:00 a 22:00 h.

  • Luns 21. Laura Martín López-Andrade. Psiquiatra e investigadora. ‘Contradicións en torno á saúde mental’.
  • Martes 22. Leo Espluga. Filósofo. Do Ecce Homo ao Ecce Corpus. ‘Do discurso á linguaxe’
  • Mércores 23. Ayme Román. Filósofa e comunicadora en redes. ‘Se Deus morreu, hai que resucitalo. A deriva reaccionaria diante da incerteza’.
  • Xoves 24. Nuria Romo Avilés. Antropóloga. ‘Medicalización do malestar, uso e abuso de hipnosedantes’.
  • Venres 25. Paulina Chiziane. Escritora moçambicana. ‘Lección de clausura: O que hoje é moderno, amanhã pode ser tradicional’.


Hora

(Luns) 10:30 - 22:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!