Recreación do transporte do viño | © Atlantis Comunicación

This is a repeating event

XXIII Feira Franca de Pontevedra

ven06setConsultarXXIII Feira Franca de PontevedraFesta de Interese Turístico de Galicia(Consultar: venres) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Os días 6 e 7 de setembro a Boa Vila ten unha das súas citas máis especiais. A Feira Franca achégase e os seus preparativos déixanse sentir nas rúas e nas prazas a través de murallas que van medrando, castelos que se intúen e dragóns que van tomando os xardíns. A área de Festas do Concello de Pontevedra vén de publicar o programa definitivo desta edición para marcar en vermello as actividades que veciñanza e visitantes poderán gozar de balde durante a celebración da Feira.

Na práctica, o programa aposta por unha continuidade xa coñecida que vai desde o espectáculo inaugural na Praza da Verdura o venres ás 22.00 horas, até o clásico e lendario Torneo Medieval que se realiza na praza de touros, en dous pases diferentes (17.30 e 20.00 horas). Por suposto, estará aberto case desde primeira hora o Mercado Medieval, recrearase o transporte do viño polas rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría con remate na praza da Peregrina; e a música medieval tomará cada recuncho, ao tempo que a demostración de esgrima, os grupos de animación ou o tiro con arco se viven con normalidade.

Pola tardiña, os pasarrúas medievais animarán a xornada a través dos tambores e a percusión, encarando unha longa noite cunha Pontevedra que estará, previsiblemente, chea de xente. Cómpre lembrar que as crianzas terán espazos de seu, tanto en Raíña Vitoria, coma nos soportais da Pedreira e na mesma Praza do Concello.

programa está dispoñíbel na web oficial do Concello de Pontevedra na web oficial da Feira Franca. Inclúe todas as actividades cadanseus horarios, ademais de contar cun mapa infográfico do centro histórico de Pontevedra e da distribución dos puntos de interese.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!