Mahmood chega a Pontevedra no 2024 dentro do Ciclo Voices, a súa única data en Galicia

11 Maio 2023

  • Pontevedra será unha das 4 exclusivas paradas que o grupo fará na Península
  • O espectáculo está previsto o 12 de maio do próximo ano no Pazo da Cultura
  • A venda anticipada de entradas estará dispoñible a partir do xoves 11 de maio a un prezo  de 30 euros + gastos en Ataquilla.com


O artista internacional, Mahmood, coñecido pola súa actuación de Eurovisión en 2019 coa que acadou unha segunda posición que lle serviu como trampolín para impulsar a súa carreira en Europa, acaba de anunciar a súa xira europea que recala en no Pazo da Cultura de Pontevedra o 12 de maio de 2024, dentro do Ciclo Voices.

O gañador de San Remo 2022 anunciou dezaseis datas en principais cidades de dez países, destacando Pontevedra coma unha das catro citas programadas na península.

Mahmood, un dos referentes da música actual en Italia, non para de cultivar éxitos tralos excelentes resultados obtidos con “Gioventù Bruciata” (disco de platino) e o éxito mundial de “Soldi” (4 certificacións de platino) co que gañou o Festival de Sanremo en 2019. Mahmood volveu a alcanzar o Top 10 das listas en 2020 con “Rapide” e “Dorado”, incluidos no seu último álbum “Ghettolimpo”, que tamén contén os singles “Inuyasha” e “Klan”.

Mahmood ten hoxe 29 discos de platino e 7 de ouro en Italia, 6 discos de platino e 3 de ouro no estranxeiro.



O Ciclo Voices, promovido polo Concello de Pontevedra, inaugura así a edición do próximo ano con este ambicioso espectáculo, traendo de novo a Galicia grandes artistas internacionais e posicionando á cidade como un espazo de referencia para acoller xiras de recoñecido prestixio.

Sinónimo de calidade, diversidade e paixón, este ciclo transitou ata agora cunha proposta tan sinxela como efectiva: apostar polas mellores voces coa intención de recoller os sons máis destacados do panorama musical actual levándoo a colgar o cartel de “sold out” en ata sete ocasións en tres anos: The Divine Comedy, Morcheeba, Jorge Drexler, James Rhodes, Lila Downs…

É, quizais, a consecuencia lóxica da plasmación musical: estilos como o soul, rock, folk ou indie… que atoparon o seu lugar nesta cita imprescindible para calquera melómano, nacendo así un ciclo que mantén a esencia dende a súa craeción e a aposta polos estilos que enxalzan o ritmo e a emoción, pero dando un paso máis aló asumindo riscos: un mesmo espazo, novos públicos e novas sensacións.

As entradas estarán dispoñibles do xoves 11 de maio na web Ataquilla.com a 30 euros (+ g.x.). Os menores de 4 a 12 anos dispondrán de entradas ó 50% do prezo xeral.


Está pasando!