Mañá inaugúrase o GranerO Delmas, un espazo recuperado para o impulso da arte, a creatividade e a cultura

9 Abril 2021

Este sábado 10 de abril inaugúrase o GranerO Delmas, un espazo coworking para artistas nas Galerías Oliva de Pontevedra.

Dadas as restricións provocadas pola Covid-19, a inauguración do GranerO Delmas comezará o sábado 10  de abril a partir das 17:00 horas cun aforo limitado a un máximo de 6 persoas –previa reserva de cita no teléfono  619 43 27 21 ou no correo electrónico  granerodelmas@gmail.com

Nesta época marcada polo confinamento, o mundo recorre á arte buscando calmar a ansiedade e atoparse a un mesmo; e o artista por fin se ve valorado non só por uns privilexiados: a arte non é algo para uns poucos, témola que facer de todos.

Pilar Delmas Filgueira é a responsable deste espazo ubicado nas Galerías Oliva, 2 local 15, co que queren dar pulo a unha comunidade creativa de artistas, empresas e deseñadores. Un espazo onde idear, co-crear e producir proxectos artísticos e artesanais acompañándonos no proceso de profesionalización e promoción. Unha comunidade onde teremos ocasión de presentar os nosos proxectos publicamente e recibir opinións e críticas do resto de artistas participantes.

Nas visitas explicarase aos asistentes os distintos espacios e se podrá visitar a primeira mostra onde podemos admirar a obra de artistas como Carmen Hermo, Marisa Codón Vega, Tino Canicoba, Soledad Pite , Pedro Ávila, Alberto Pena e Antón Sobral.

Está pasando!