O artista e promotor Gainza presenta ‘Canteo on tour’, a primeira xira de DJ’s con selo vigués

7 Marzo 2024

  • Pedro Gainzarain, máis coñecido como Gainza, é artista e promotor; tamén é o fundador de ‘Canteo
  • Tras varios eventos exitosos, anuncian o seu primeiro tour. Vigo, Pontevedra, Xixón, Burgos e León serán as primeiras paradas da xira; durante este mes de marzo e o próximo mes de abril
  • A gran cita: Chanteclair, en Pontevedra, cun cartel excepcional de DJ’s novas promesa de Galicia

Gainza é Pedro Gainzarain, un mozo vigués de tan só 24 anos que xa acumula máis de seis anos de experiencia no mundo da noite. Este podería ser un dato normal para calquera persoa da súa idade, a diferenza está en que a súa traxectoria é laboral; como artista e como promotor.

Tiña claro o seu obxectivo, e en canto cumpriu a maioría de idade comezou a desenvolvelo. Gainza entrou en escena en 2018 e desde entón atesoura un currículo que non para de medrar; as súas sesións como DJ destacan pola versatilidade que ten á hora de ler a pista; con el predomina o xénero comercial. Sabe o que a xente quere, e dállo. E o público goza, e repite.

Da súa capacidade de adaptación parte o seu crecemento. Con Versus Events, entre outras marcas, xa na súa faceta de promotor, encargouse de desenvolver numerosas citas imperdibles nas discotecas viguesas. O éxito en todo o anterior levoulle un pouco máis aló, e así naceu ‘Canteo’.


‘Canteo’ no hall do Auditorio Mar de Vigo | © Eirín García

«Canteo non é só un evento; é un movemento, un recordo, un sentimento. Pero sobre todo, é un auténtico Canteo» reza o slogan desta promotora, que desde o pasado verán conquistou diversas discotecas locais, o hall do Auditorio Mar de Vigo para a súa festa de Halloween -unha cita que logrou o sold out e enorme repercusión- e o Island Club para celebrar fin de ano.

Agora, ‘Canteo’ apunta aínda máis alto. O artista Gainza, no seu papel de promotor á fronte deste proxecto, estudou o panorama e busca diferenciarse, crecer facendo as cousas ben. Primando a calidade dos eventos, coidando ao detalle cada proposta, traballando a fondo cada cartel. Unha aposta ambiciosa na que ‘Canteo’ leva semanas traballando. Durante este mes de marzo e o próximo mes de abril, a empresa viguesa levará a cabo o seu primeiro Tour; ‘Canteo on tour’.



O próximo 21 de marzo, esta xira de DJ’s arrinca na casa. Será na discoteca Tokyo, en Vigo. A segunda cita chegará só dous días despois, o 23 de marzo, e é a máis importante. Un evento marcado en vermello no calendario de ‘Canteo’; será en Pontecesures, Pontevedra, na mítica discoteca Chanteclair, unha das salas con maior aforo de Galicia. Supón a gran aposta deste tour, que contará nesta ocasión cun cartel excepcional de DJ’s novas promesa de Galicia.

‘Canteo’ pechará o mes de marzo en Xixón, na La Buena Vida, o día 29. Abril comezará no Santissimo Club, en Burgos, o venres 5. E o colofón desta xira chegará o sábado día 6 en León, na Sala Studio 54. Cinco datas imperdibles; por ser as primeiras, polo especial que foi desenvolver este tour, pero sobre todo, porque será un ‘Canteo’.

Está pasando!