O Festival das Núbebes festexará a súa 10ª edición os días 5, 6, 12 e 13 de outubro no Teatro Principal e a Casa das Campás
26 Setembro 2024
- Entre a programación, seleccionada por Baobab Teatro, cabe destacar a estrea dun espectáculo de ópera da man de Bonnie Cooper ou a despedida dos escenarios de Pavís Pavós
- A venda anticipada de entradas a un prezo de 3 euros máis gastos está xa activa en Ataquilla.com. A taquilla física abrirá unha hora antes de cada pase de non esgotarse as entradas previamente
- A inauguración e a guerra da almofadas, de balde, requiren tamén para control do aforo, a retirada de convites unha hora antes do evento na billeteira, ata un máximo de 4 por persoa
O concelleiro de Cultura de Pontevedra Demetrio Gómez, acompañado de Andrea Bayer de Baobab Teatro, anunciaron o regreso do Festival das Núbebes que festexa nesta edición o seu 10º aniversario.
Terá lugar os días 5, 6, 12 e 13 de outubro entre o Teatro Principal, a súa sala de usos múltiples e a Casa das Campás e ten xa activada a venda anticipa de entradas a través da plataforma Ataquilla a un prezo de 3 euros máis gastos.
“Con esta rolda de prensar presentamos xa a programación teatral completa”, comezaba Demetrio. “Quizáis para o público máis importante de todos xa que é o máis novo, o que está aprendendo como é o teatro e temos que meterlle o bicho na cabeza e no corazón desde que son ben pequerrechiñas e pequerrechiños.
Chega a 10ª edición do Festival das Núbebes a Pontevedra grazas a que temos en Pontevedra a Baobab Teatro, que é un luxo para esta cidade. Se non estivesen eles non poderiamos ter esta cousa tan linda que son as Núbebes.
Será as dúas primeiras fins de semana de outubro, os días 5, 6, 12 e 13. Vai ser unha programación do máis completo que se pode facer para bebés e cativada, do mellor que se pode traer. Priorizamos coma sempre ao público ao que vai destinado, que é cativada ata sete anos, pero as persoas adultas acompañantes van gozar tamén cos espectáculos”
Pola súa banda Andrea Bayer de Baobab Teatro, responsable da programación destacou “a emoción de volver coas Núbebes. É un festival moi demandando e querido. Arrincamos o día 5 e estamos moi contentos porque vai haber unha estrea dun grupo de Pontevedra, Bonnie Cooper.
Un espectáculo de ópera cunha soprano que vai ser todo un reto pero pensó que as pequenas e pequenos van agradecer. É público moi esixente porque non teñen contemplacións, as veces choran non porque non lles guste o espectáculo, senón porque nese momento teñen algunha molestia. Nós apostamos pola primeira infancia como dixo Demetrio pero pensamos moito nas persoas que acompañan a estas personiñas pequenas porque, non poden vir soas de ningunha maneira. Son espectáculos pensados para toda a familia, o acubillo, ese momento de lecer xuntos, permitindo que veñan sempre o papá e a mamá.
No programa hai actividades máis específicas, de 0 a 3 pero hai actividades nas que pode vir toda a familia. Haberá contos, teatro, este ano tamén moito concerto, temos de tódalas artes.
Estará Roque por suposto, na inauguración como nun espectáculo e temos tamén unha despedida: o grupo Pavís Pavós pon punto e final aquí no noso festival. É super importante porque para nós son tamén amigos, formaron parte das Núbebes desde o principio e aportaron moito á primeira infancia. Tiñan que estar si ou si porque é a última vez que os imos poder ver e é un luxo que non nos podemos perder”
A modo de anécdota, Andrea comentou que “na inauguración adoitamos subir sempre algún bebé amigo e este ano levaremos á bebe máis pequeniña de toda a historia das Núbebes: Amelia, que ten agora 6 días”.
X FESTIVAL DAS NÚBEBES. FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA
SÁBADO 5 OUTUBRO
Inauguración con Roque e artistas convidadas
- 12:30 h.
- Teatro Principal
- Teatro, monicreques e música
- Duración: 50 min
- Público familiar
- Entrada de balde*
Mans
- 16:30, 17:45 e 18:45 h.
- Casa das Campás
- Pablísimo
- Contos
- Duración: 40 min
- De 6 meses a 3 anos
- Entrada 3 EUR*
Contos con Roque
- 16:45 e 18:00 h.
- Teatro Principal
- Baobab Teatro
- Contos e monicreques
- Duración: 35 min
- De 0 a 6 anos
- Entrada 3 EUR*
Consertasso na horta
- 17:15 e 18:45 h
- Sala polivalente do Teatro Principal
- Brais das Hortas
- Música
- Duración: 45 min
- De 2 a 6 anos
- Entrada 3 EUR*
DOMINGO 6 OUTUBRO
Ondamini
- 11:30 e 17:30 h
- Sala polivalente do Teatro Principal
- Mamá Cabra
- Música
- Duración: 35 min
- De 6 meses a 3 anos
- Entrada 3 EUR*
Tralará
- 12:00, 16:30 e 17:45 h
- Casa das Campás
- Marta Ortíz
- Contos, obxectos e música
- Duración: 40 min
- De 0 a 6 anos
- Entrada 3 EUR*
Puño, Puñete
- 12:30 e 18:30 h
- Teatro Principal
- Baobab Teatro
- Teatro, música, contos e monicreques
- Duración: 40 min
- De 0 a 6 anos
- Entrada 3 EUR*
SÁBADO 12 OUTUBRO
As máis molonas de Pakolas
- 11:30, 16:30 e 18:00 h
- Sala polivalente do Teatro Principal
- Pakolas
- Música. Rock infantil e familiar
- Duración: 55 min
- Público familiar
- Entrada 3 EUR*
Este queixo, queixolán
- 12:00, 17:00 e 18:15 h
- Casa das Campás
- Pavís Pavós
- Contos
- Duración: 35 min
- De 1 a 3 anos
- Entrada 3 EUR*
A volta ao mundo, nun día, a través das nanas (Estrea)
- 12:30, 17:15 e 18:45 h
- Teatro Principal
- Asociación Bonnie Cooper
- Espectáculo de música clásica, soprano e piano
- Duración: 60 min
- De 0 a 6 anos
- Entrada 3 EUR*
DOMINGO 13 OUTUBRO
Chimpo da ra
- 11:30, 16:45 e 17:45 h
- Casa das Campás
- Raquel Queizás
- Contos
- Duración: 35 min
- De 6 meses a 3 anos
- Entrada 3 EUR*
Son animal
- 11:30 e 17:00 h
- Sala polivalente do Teatro Principal
- Paco Nogueiras
- Música
- Duración: 55 min
- A partir de 2 anos
- Entrada 3 EUR*
Guerra de almofadas con Roque
- 12:30 h
- Teatro Principal
- Cada participante (pequenas/os e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofada
- Duración: 40 min
- Público familiar
- Entrada de balde*
Concerto “A Voar” e clausura do festival con Roque
- 18:15 h
- Teatro Principal
- Cé Orquestra Pantasma e Baobab Teatro
- Música e monicreques
- Duración: 60 min
- Público familiar
- Entrada 3 EUR*
NORMAS DE PARTICIPACIÓN:
- Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforo limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade recomendada.
- Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesario ter entrada. As entradas poden recollerse na billeteira do Teatro Principal desde unha hora antes do inicio de cada sesión ou traela descargada da casa, a través do servizo que ofrece Ataquilla
- As entradas que sexan de balde só poderán retirarse o mesmo día da función (un máximo de 4 por persoa e espectáculo) desde unha hora antes da actividade na billeteira do Teatro Principal.
- As entradas que sexan de pago poderán mercarse por anticipado a través de Ataquilla e, de non esgotarse, tamén na billeteira do Teatro Principal desde unha hora antes do inicio da actividade.
- Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre.
- Os e as bebés deben ir sempre acompañados/as. Todas as persoas, independentemente da súa idade, deben ter cadansúa entrada.
- As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a cambios de última hora alleos á organización. A duración das sesións especificadas na programación é aproximada.