A 17 edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, celebrarase do 22 ao 26 de setembro

22 Setembro 2021

Do 22 ao 26 de setembro o Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui acolle a 17 edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui.

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, é un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio.

Cada ano Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa.

Situado na antiga e fermosa cidade de Tui, en Galicia, Play-Doc reúne unha serie de programas competitivos e non competitivos, retrospectivas dedicadas a aclamados cineastas de todo o mundo, ademais de seminarios e clases maxistrais, concertos en directo e exposicións.

Play-Doc tamén aposta polo talento a través Play-Doc Workshops, unha serie de talleres nos que se exploran novas vías de produción e formación orientadas ao desenvolvemento de proxectos cinematográficos.

Play-Doc TV é unha nova plataforma por subscrición que opera en Galicia a través de R Televisión e cuxo obxectivo é levar o festival tamén á pequena pantalla, para que goces na túa propia casa da mesma programación do festival e moito, moito máis.

Consulta a programación completa aquí!

Está pasando!