Festa da Toma das Uvas na Praza de Ravella | © Concello de Vilagarcía de Arousa

A Festa da Toma das Uvas de Vilagarcía terá unha nova distribución para facilitar a movilidade

27 Decembro 2024

A tradicional Festa da Toma das Uvas ás 12 do mediodía do 31 de decembro en Vilagarcía de Arousa, terá este ano unha nova distribución das carpas e do escenario para facilitar o acceso e a mobilidade de máis de dúas mil persoas que se esperan o día 31 para despedir o ano e dar a benvida colectiva a 2025.

As carpas dende onde se distribuirán gratuitamente uvas, cava e “gominolas” para a rapazada, que este ano serán de maior tamaño do habitual para axilizar o reparto, emprazaranse na intersección da rúa Ramón y Cajal con Arapiles e a propia praza de Ravella, a partir das 11:00 horas.

O concello retransmitirá o evento en streaming e a TVG fará o programa ‘Hora Gelega’ en directo. A cadena de radio Onda Cero emitirá o programa ‘Más de Uno’ dende Vilagarcía.

Os Mozos de Arousa protagonizarán as badaladas con espectáculos de música e danza, a cargo de Dolce Vita e Pablo Balseiro & La Verbenean Orquesta, antes e despois da benvida ao aninovo.

Está pasando!