Proxección de 'Entre as figueiras' en Pontevedra

lun02set21:00Proxección de 'Entre as figueiras' en Pontevedraciclo de cinema euroárabe 'Amal en ruta'21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

novena edición do ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en ruta’ terá lugar entre o luns 2 e o xoves 7 de setembro no Teatro Principal de Pontevedra.

Organizada polo Concello de Pontevedra e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas co obxecto de achegar a sociedade árabe a Galicia, ofrecendo unha visión ampla desta cultura tan heteroxénea e unha mirada crítica e reivindicativa que procura espertar a empatía e solidaridade.

Segundo os organizadores, ‘Amal en Ruta’ é unha cita que xa está consolidada como un referente, fidelizando espectadores e xerando un debate crítico e actual sobre o mundo árabe e a súa achega á cultura universal. 



Esta edición de ‘Amal en Ruta’ será a novena na cidade de Pontevedra e constará de cinco longametraxes (catro ficcións e un documental) en versión orixinal, con entrada de balde ata completar aforo.

O luns, martes e mércores a hora de comezo das proxeccións será as 21:00 horas mentres que o xoves contará cun pase ás 18:30 e outro ás 21:00 horas, no Teatro Principal, e todas teñen un considerable recoñecemento nos principais festivais de cinema internacionais.



Luns 2 de setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

  • ‘Entre as figueiras’ (Taht alshajra) (FIC)

    • Erige Sehiri | 2022 | Tunisia, Francia, Suíza, Alemaña, Qatar | 92’
    • No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdou traballan recollendo figos. Baixo o testemuño das árbores e co sol abrasador como pano de fondo, desenvolven novos sentimentos,discuten, coquetean e intentan entenderse. A horta convértese así nun teatro de emocións no que se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.


Martes 3 de setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

  • ‘Conspiración no Cairo’ (Boy from Heaven) (FIC)

    • Tarik Saleh | 2022 | Dinamarca, Finlandia, Francia, Suecia | 126’
    • Adam, fillo dun humilde pescador, emprende unha viaxe ao Cairo para estudar na prestixiosa Universidade de Al-Azhar, centro de poder do Islam sunnita. Sen ser consciente, o rapaz converterase nun peón do conflito entre as elites relixiosas e políticas de Exipto.


Mércores 4 de setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

  • ‘O home que vendeu a súa pel’ (The Man Who Sold his Skin) (FIC)

    • Kaouther Ben Hania | 2020 | Tunisia | 104’
    • Sam Ali un mozo sirio sensible e impulsivo abandona o seu país e diríxese ao Libano para escapar da guerra. Con eses desexo de viaxar por Europa e reunirse co amor da súa vida, acepta tatuarse nas costas por un dos artistas contemporáneos máis destacados. Ao transformar o seu corpo nunha prestixiosa obra de arte, Sam dase de conta, pouco a pouco, de que a súa decisión implica todo o contrario ao que inicialmente anhelaba: a liberdade.


Xoves 5 de setembro ás 18.30 h. no Teatro Principal

  • ‘Pequena Palestina, diario dun asedio’ (Little Palestine, Diary of a Siege) (DOC)

    • Abdallah Al-Khatib | 2021 | O Líbano, Francia, Qatar | 89’
    • O distrito de Yarmouk, en Damasco, Siria, foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas, e comezou unha campaña de asedio sobre o territorio a partir do ano 2013. Neste escenario entra en xogo Abdallah Al-Khatib, que xunto aos seus amigos documentaron a vida cotiá dos habitantes asediados, dando lugar a esta película.


Xoves 5 de setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal

  • ‘O Caftán azul’ (Le Bleu du Caftan) (FIC

    • Maryam Touzani | 2022 | Francia, Marrocos, Bélxica, España | 122’
    • Halim, un xastre de mediana idade, dirixe coa súa muller un pequeno negocio na antiga medina de Salé, Marrocos. A relación entre eles, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef.

Hora

(Luns) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!