Cursos da Aula CeMIT de Poio en abril

mar01abrConsultarmér30abrCursos da Aula CeMIT de Poio en abrilCentros para a modernización e Inclusión Tecnolóxica(Consultar) Aula Cemit de Poio - Poio

Detalles do Evento

A Aula Cemit de Poio organiza para o mes de abril oito novos cursos de habilidades dixitais coas que continuar ampliando a súa oferta formativa.

Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web cemit.xunta.gal, no correo [email protected] ou na propia aula situada en Combarro.

Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 19.30 e as 21.00 horas.

As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.

PROCESADOR DE TEXTOS LIBREOFFICE WRITER (NIVEL MEDIO)

  • Inicio e fin do curso: Do luns 31 de marzo ao venres 4 de abril, excepto o xoves 3
  • Horario: 16:30 a 18:00 horas
  • Prazo: Ata o venres 28 de marzo
  • Modalidade: Presencial

EDICIÓN DE MAXES CON GIMP

  • Inicio e fin do curso: Do luns 31 de marzo ao mércores 2 de abril
  • Horario: 18:00 a 19:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 28 de marzo
  • Modalidade: Presencial

MANEXO DAS FOLLAS DE CÁLCULO CON LIBREOFFICE CALC

  • Inicio e fin do curso: Do luns 7 ao mércores 16 de abril
  • Horario: 16:30 a 18:00 horas
  • Prazo: Ata o venres 4 de abril
  • Modalidade: Presencial

MANEXO DAS REDES SOCIAIS

  • Inicio e fin do curso: Do luns 7 ao xoves 10 de abril
  • Horario: 18:00 a 19:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 4 de abril
  • Modalidade: Presencial

PROBA CURSO EMA

  • Inicio e fin do curso: Venres 11 de abril
  • Horario: 18:00 a 20:00 horas
  • Prazo: Ata o xoves 10 de abril
  • Modalidade: Presencial

INICIACIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO WEB (WEBMAIL)

  • Inicio e fin do curso: Do luns 14 ao mércores 16 de abril
  • Horario: 18:00 a 19:30 horas
  • Prazo: Ata o venres 11 de abril
  • Modalidade: Presencial

PRESENTACIÓNS ONLINE

  • Inicio e fin do curso: Do luns 28 ao mércores 30 de abril
  • Horario: 18:00 a 19:30 horas
  • Prazo: Ata o mércores 16 de abril
  • Modalidade: Presencial

Hora

abril 1 (Martes) - 30 (Mércores)

Localización

Aula Cemit de Poio

Carreiro do Campo, 17 Combarro 36993 Poio

Está pasando!