Exposición 'Arias Xidas' en Poio

sáb15xuñ(xuñ 15)10:00lun08xul(xul 8)19:30Exposición 'Arias Xidas' en Poiomostra da Escola de Canteiros de Poio(xuño 15) 10:00 - (xullo 8) 19:30 Mosteiro de Poio - Poio

Detalles do Evento

‘Arias Xidas’ amosa algunhas das obras en pedra e escaiola dos e das estudantes da Escola de Canteiros de Poio, un centro de ensinanzas único no mundo, con máis de 40 anos de traxectoria formando en Poio aos mellores profesionais da pedra.

A exposición inclúe un total de máis de 50 obras. Trátase de pezas en pedra, en escaiola, en morteiro e debuxos sobre papel.



A mostra pódese visitar ata o vindeiro 8 de xullo, de luns a sábado de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas (festivos fechado).

A entrada é gratuíta para as persoas empadroadas en Poio, que poden retirar os seus convites na Casa do Concello, no Pazo de Besada, no Casal de Ferreirós ou na oficina de turismo de Combarro.

Hora

Xuño 15 (Sábado) 10:00 - Xullo 8 (Luns) 19:30

Localización

Mosteiro de Poio

Rúa Convento, s/n, 36995 Poio

Está pasando!