Exposición 'Arte en tinta' en Lalín

ven17xanConsultarven14marExposición 'Arte en tinta' en LalínLVII Feira do Cocido(Consultar) Museo Municipal Ramón María Aller - Lalín

Detalles do Evento

O Concello de Lalín, ABANCA e Afundación presentan a exposición ‘Arte en tinta’, mostra central da LVII Feira do Cocido, que recolle vinte e nove creacións, todas gravados, obras en tinta, de vinte e un dos máis destacados artistas do panorama galego e español e mesmo internacional e todas elas pertencentes á Colección de Arte Afundación.

O hiperrealismo de Eduardo Naranjo ou Quintana Martelo, o mundo onírico de Jorge Castillo, a delicadeza de Carmen Laffon, o equilibrio luminoso de Berta Cáccamo, a abstracción de Broto ou o volume de Chillida son só algúns dos aspectos que afloran nesta mostra.



A temática das diferentes obras elixida flúe desde o concreto ao abstracto, dos obxectos á arquitectura, dos animais ás persoas. O real, o imaxinario e o abstracto conviven nos diferentes procesos e técnicas do gravado (augaforte, augatinta, xilografía, litografía, serigrafía…).

Estas distintas temáticas, compartindo un mesmo espazo, permiten transmitir que a énfase da exposición reside na diversidade, nas posibilidades inherentes ás técnicas do gravado e, por suposto, na liberdade creativa da arte contemporánea.

Esta iniciativa, que se poderá ver no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa ata o 14 de marzo, é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

Hora

Xaneiro 17 (Venres) - Marzo 14 (Venres)

Localización

Museo Municipal Ramón María Aller

Rúa Ramón Aller, 9, 36500 Lalín

Está pasando!