Exposición 'Manuel Torres na explosión De catro a catro' en Marín

ven19xuñConsultarsáb19setExposición 'Manuel Torres na explosión De catro a catro' en Marín125 anos dunha mirada de vangarda(Consultar) Museo Manuel Torres - Marín

Detalles do Evento

Manuel Torres, o gran pintor de Marín, naceu o 17 de xuño de 1901. Hoxe, 125 anos despois, a súa terra quere poñer aínda máis en valor a súa obra, a súa pegada artística, a importancia do seu legado e a proxección da súa vangarda.

Así, o Concello prepara unha conmemoración deste aniversario con actividades para achegar a obra do artista á poboación, tendo como pistoletazo de saída a inauguración dunha mostra única e irrepetible onde Marín, o mar e a poesía únense para crear “Florecer no mar de primaveiras amargas… Manuel Torres na explosión De catro a catro”.

A mostra, promovida polo Concello de Marín, está comisariada por Ramón Rozas e conta co apoio de Antón Sobral, a Deputación, a través do Museo de Pontevedra, e a Xunta de Galicia.

Rozas explica que esta mostra está concebida como un diálogo entre o pintor marinense e o poeta de Rianxo, “cuias vidas e traxectorias artísticas teñen moito máis en común do que cremos”. “Ambos coinciden na súa mirada de vangarda cara a liña do horizonte”, explica o comisario, “propoñendo desde o mar un discurso cheo de vitalidade, que repara na relación do ser humano con ese contexto desde o existencial, o cultural ou o estético”.

Para exemplificar esta visión conxunta do mar, tratado desde distintas formas de creación artística, poderán verse expostos cadros nunca antes mostrados no museo marinense, procedentes dos fondos do Museo de Pontevedra, como é ‘Traxe de buzo’, unha das pinturas máis icónicas de Manuel Torres.

O obxectivo da mostra tamén é o de afianzar a posición de Torres como un dos grandes pintores da vangarda galega dos anos 30, “compartindo ese protagonismo cos pintores do seu tempo fronte ao que moitas veces foi menosprezado”.

A exposición está configurada en base a cinco espazos expositivos: a travesía, dentro/fóra, soidade, a xente e a Banda do Río. Cada unha delas irá tratando a traxectoria do artista de Marín e facéndoo dialogar con fragmentos poéticos, replicados en vinilo dun caderno escrito a man polo propio Manuel Antonio.

A exposición estará durante todo o verán, ata mediados de setembro, e estará aberta a escolares cando arranque o novo curso, que poderán solicitar visitas guiadas á mesma.

Hora

Xuño 19 (Venres) - Setembro 19 (Sábado)

Localización

Museo Manuel Torres

Avda. de Ourense, s/n 36900 Marín

Está pasando!