This is a repeating event

IV Festival BDra Gráfica en Pontevedra

dom28xuñConsultarIV Festival BDra Gráfica en Pontevedrado 25 ao 28 de xuño de 2026(Consultar: domingo) Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 25 ao 28 de xuño, a cidade de Pontevedra volverá ser o centro neurálxico do novena arte coa celebración dunha nova edición do festival BDra Gráfica. 

 A grande aposta desta edición son as cinco exposicións de orixinais espalladas por distintos puntos da cidade, fuxindo do formato tradicional de recinto único:

  • Fundación Manuel Moldes: Acollerá a exposición do autor homenaxeado e cartelista, Julio Das Pastoras, cunha escolma de case 60 orixinais de gran formato.
  • Casa das Campás: Mostrará a obra de Kim, Premio Nacional de Cómic e coñecido polo seu traballo en El Jueves (Martínez el Facha) e na novela gráfica histórica.
  • Liceo Casino: Exhibirá “A vida toda”, obra de Ángel de la Calle, Jordi Pérez e Ana Ruiz, que trata sobre a ditadura arxentina.
  • Pazo da Cultura: Contará con dúas grandes mostras internacionais: os orixinais a pincel en tamaño A3 do autor Homs (Millennium, Shi, El Diablo y Coral) e a gran exposición en exclusiva “A balada de Hugo Pratt”, comisariada por Paco Linares Micó, que percorre o imaxinario de aventuras do creador de Corto Maltés no seu vindeiro aniversario.

O festival contará con preto de 30 autores participantes e 14 casetas (stands) na tradicional carpa da Ferrería, presidida novamente polo característico Obélix inchable. Entre os convidados ás xornadas profesionais e masterclasses destacan figuras como Emma Ríos, José Luis Munuera (primeiro autor español en debuxar Spirou e que falará sobre a adaptación de obras literarias), o catedrático Álvaro Pons (sobre o uso do cómic no ensino), e outros nomes como Verónica Álvarez ou Mario Trigo. Tamén haberá un amplo espazo para dar pulo a talentos galegos emerxentes.

O venres, a carpa da Ferrería será o escenario da emisión en directo do programa especializado “Territorio 9” de Radio 3 (RNE), que se despraza desde Madrid para facer un especial sobre o evento. O festival complementarase con tres sesións de cine: o documental sobre Art Spiegelman na Casa das Campás, o filme infantil Asterix, a residencia dos deuses en 3D na Fundación Moldes, e a proxección de Persépolis no xardín da Santiña.

Nesta edición presentaranse as obras rematadas de tres novos autores (Damián Gómez, Iago Fernández e Silvia Fernández) que conseguiron asinar un contrato con editoriais galegas grazas precisamente ás reunións profesionais celebradas no BDra Gráfica do ano pasado.

programa completo estará dispoñible para consulta o vindeiro luns 1 de xuño, na páxina web oficial do festival bdragrafica.gal

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!