‘Mariana’ | © Virginia Rota

'Mariana' de La Phármaco en Pontevedra

ven12abr20:30'Mariana' de La Phármaco en PontevedraFlamenco primitivo e danza contemporánea20:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Mariana’ de La Phármaco, é unha obra onde o flamenco primitivo e a danza contemporánea lánzanse á area, como animais de especies distintas que comparten a celebración e a miseria. Como nos cantes de besana, de arar ou nas marianas (cantes primitivos flamencos que aparecen na obra) os homes do campo protexen, precisan e maltratan ao mesmo tempo os seus animais femia: eguas, mulas, cabras.

Luz Arcas recrea de forma libre a potencia do animal, vestida cos apeiros propios dos animais de carga e exhibición andaluces, e o espazo sonoro viaxa polos cantes jondos camperos, as cornetas das festas populares e as percusións experimentais.

Luz Arcas é a cabra que acompaña ao xitano errante, a do show, a que baila para que el coma. É a mula coa que o labrego trilla, a burra de carga do azacán, a burra que transporta ao deus. O animal femia é o corpo do traballo, dá igual a era que atravese.

O cante de Bonela Hijo, a guitarra de Bonela Chico, as palmas e zapateados de Carmen Riós, a corneta de Abraham Romero e a percusión de Carlos González alentan e animan a forza produtiva e o corpo de Arcas recrea de forma libre a potencia do animal.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8 euros + gastos (reducido a 4 euros + gastos para estudantes, persoas desempregadas e maiores de 65 anos).

Está pasando!